Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Viaauria polo San Mamede e polo Vidueiral de Montederramo.
Juan 18/10/2008 |
O San Mamede. Vidueiral de Montederramo. As terras do lubishome. O home do unto.
Sol. Un pouco de néboa pecha xogando na distancia. Subida lenta de cara o San Mamede. Escóitanse as chocas das vacas.
Arriba comemos. Conversas. Tormentas de ideas. Momentos perfectos.
Historias do home lobo, do home do unto, de Romasanta. Con Rebordechao ó lonxe, alá metido, nun burato, entre as montañas. Mentras siguen tocando as chocas das vacas. En Rebordechao hainas femosas, cachenas, das dos cornos grandes.
E logo baixada de cara o Vidueiral de Montederramo. Beixados polas cores do outono. Arrecendendo a ledicia e amizade. Camiñando cos cinco sentidos. E con algún mais, se cabe.
Tempos de risas. Setas. Arandos. Escancereixos, sementados de boliñas roxas. A colocación dos pés. Esto, aquelo e o de mais alá. O sol asoma o seu nariz entre as nubes, e mátase a rir. Misterio.
Os arandos, as chocas das vacas, as uces, as carqueixas, os penedos, os camiños durmindo nas ladeiras: recordos de infancia, dos tempos aqueles de neno pastor, pobre, libre e feliz.
Un día redondo. Morno. Cheo de cores, sensacións, sentimentos. Un día novo e fresco. Cargado de miradas, silencios e versos. Música de amizade e caricias de vento. Sabor viaauria: ¡perfecto!.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa