Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Viaauria: senderismo cos cinco sentidos
Río Lor
Eu non puden ir, pero Pilar Abraldes mandoume este correo, que publico aquí, despois de pedirlle permiso a ela:
Ola Juan: ¿xa estás para outra?. Andaina, home claro. Sinto informarche. Pasámolo de marabilla, o sábado, polo Caurel do Lor. Polo lugar, polo ambiente, polas gañas que lle puxemos ... e polo diluvio. Foi un privilexio. Andamos con chuvia polo país da chuvia. Os sons, da chuvia, dos ríos, das fervenzas. As cores, branca da neve nos altos, gris do ceo, verdísima, marrón, negra, ocre, da terra. Escoitámolo e vímolo todo. Foi un día para recordar.
Acordámonos, por certo, dos que faltabades. E acordámonos, tamén, no xantar. Compartirmos mesa, mantel, tarta e cava, en Folgoso. Quentaron os corpos e queceron os espíritus, polo agarimo de compañeiros, o sábado sí, de andaina. Fina, a irmá de Virginia, de Lamas, estaba de cumpreanos. Levou un queique, feito por ela, que tampouco esqueceremos.
Sí, somos ben afortunados. E non está de mais que, de cando en vez, fagamos partícipes da nosa fortuna a quen nola propician, Ángel e Helena. Nas fotos de Luisa, está todo. Un bico.(19-04-2008)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa
Ver o meu libro de Visitas Deixar unha mensaxe no Libro