Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Fotos de Galicia. Viaauria por San Xoan de Rio, Navea, Montefurado...
Juan
14/03/2009

IMG_6264 IMG_6288 IMG_6311 IMG_6313 IMG_6320
IMG_6264.jpg         IMG_6288.jpg         IMG_6311.jpg         IMG_6313.jpg         IMG_6320.jpg        
IMG_6355 IMG_6362 IMG_6368 IMG_6384 IMG_6399
IMG_6355.jpg         IMG_6362.jpg         IMG_6368.jpg         IMG_6384.jpg         IMG_6399.jpg        
IMG_6434 IMG_6452 IMG_6511 IMG_6536 IMG_6541
IMG_6434.jpg         IMG_6452.jpg         IMG_6511.jpg         IMG_6536.jpg         IMG_6541.jpg        
IMG_6553 IMG_6580 IMG_6599 IMG_6608 IMG_6610
IMG_6553.jpg         IMG_6580.jpg         IMG_6599.jpg         IMG_6608.jpg         IMG_6610.jpg        
IMG_6700 IMG_6724 IMG_6767    
IMG_6700.jpg         IMG_6724.jpg         IMG_6767.jpg        

 

O RELOXO DE NAVEA

     Contan que no lugar de Navea houbo sempre pouco gando. E pode que sexa debido a que este lugar ten un microclima mediterráneo, propio para que se den moi ben as árbores frutais y para o cultivo dos productos da horta.

     Os veciños vivían da froita e dos productos da horta. E para que a producción fose boa regaban os terreos. A auga era un ben de moito valor. Por iso acordaron repartila, especificando as horas a que tiña dereito cada terra. Pero este reparto deu lugar a moitas discusións entre os veciños, pois algúns reloxos andaban adiantados e outros atrasados, e era frecuente que os veciños tivesen discusións paracidas a esta:

     - Manoliño, que xa son as catro, a agora tócame regar a min.

     - Ai Pepiño, mira ben o reloxo, que ainda faltan dez minutos...

     - Pois o meu reloxo xa ten as catro.

     - Pois polo meu ainda non son..´.

     E así, un día tras doutro, veña que dalle... Hasta que a un home que era moi listo e que tiña moito xuicio ocurriuselle a idea de mercar un reloxo grande, e de poñelo na praza (por dicir algo), para que todos se poidesen guiar polo mesmo reloxo. Así se fixo. E remataron as discusións. Dende ese momento, cando o reloxo común marcaba as catro, eran as catro para todos...

     Cando o reloxe se derramaba viña un reloxeiro a arranxalo. Creo que viña de Monforte, ainda que deste dato non estou seguro. Pero o que sí me contaron é que eran tan precisos o reloxo e mailo reloxeiro que cada vez que o arranxaba dicía: "queda garantizado por cinco anos". E o mesmo día en que se cumplía os cinco anos, ese mesmo día, o reloxo volvíase derramar.

     Logo pasou o tempo, foron morrendo os vellos, os novos emigraron, o lugar quedou case sen xente, as terras deixaron de regarse... E o reloxo, sentínduse inútil, botouse a durmir. E con todo isto tamén morreu, de tristura, o reloxeiro.

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador