Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Viaauria por Malpica.
Juan
26/05/2012
IMG_1106 IMG_1109 IMG_1114 IMG_1126 IMG_1128
IMG_1134 IMG_1140 IMG_1141 IMG_1143 IMG_1146
IMG_1147 IMG_1154 IMG_1161 IMG_1181 IMG_1188
IMG_1200 IMG_1222 IMG_1225 IMG_1243 IMG_1246
IMG_1256 IMG_1258 IMG_1282 IMG_1294 IMG_1301
IMG_1306 IMG_1307 IMG_1314 IMG_1315 IMG_1324
IMG_1382 IMG_1387 IMG_1393 IMG_1400 IMG_1416
IMG_1417 IMG_1440 IMG_1442 IMG_1444 IMG_1446
IMG_1465 IMG_1469 IMG_1481 IMG_1489 IMG_1494
IMG_1501 IMG_1503      

Viaauria por Malpica.

 

     26 de maio de 2012. Malpica. Mar. Mar bravo e fermoso. Costa da Morte. Terra salvada (de momento). Lembranzas do Prestige. Chapapote. Voluntarios. Historias humanas de corazóns entrelazados. Solidaridade. ¡Cantas cousas!

    Homes fortes cazando baleas en tempos pasados. Para logo vendelas ós vascos, que tiñan as industrias para transformalas. Coma sempre. Coma case sempre.

     O día apareceu con arco iris. Sol e choiva. Mezclados. Salteados. Xogando ó escondite. Coma rapaces pequenos. Coma nenos...

     Viaauria desperta. Con sono, pero con ledicia. Vestida de cor e de sorrisos. Coma sempre...

     Chegan os buses. Paran no peirao. Un café para despertar, e para ver a vida máis fermosa. Anxel empeza a explicar: fala dos homes que pescaban (ou cazaban? cómo se di?) as baleas. Fala de Malpica: desta terra que él tanto quere. E por iso fala con fe, con amor, con paixón...

    Botamos a andar. Chove. Non chove. Terra de margaridas. Costa. Praias fermosas. E o mar inmenso. ¡E limpo!... ¡Siiiiiiiiiiiiii! Aquí a auga é verde esmeralda, coma nas Cíes... E vese o fondo... ¡Qué gozada!. ¡Cómo me gusta aquí a cor do mar! ¡O mar de Malpica!...

    Imos de praia en praia. A cada cal mais fermosa.

     E nunha das praias paramos para comer. Bocata. E auga. Non se escoitan os cantos do licor café. Falta Maribel. E Manolo, claro. ¡Ai o meu Manolo!

     Pero non falta xente con marcha, con moita ganas de facer un chisco o tolo, de de deixar voar as ás dos seus soños... Xente que camiña descalza pola area. Xente que se pon en bikini para tomar o sol. E xente que se baña!!! Así, ceibes, nadando baixo a choiva. ¡Qué gozada!. E cómo rían as duas rapazas despois do baño. ¡Qué subidón de serotonina lles deu! ¡É que o mar de Malpica cando chove...!

     E pola tarde volta a camiñar. Saboreando de novo recunchos fermosos. Sempre mirando ó mar. ¡Qué caricia de azul se sinte cando un se bota a voar cos seus ollos cofeando o ceo e o mar!...

    O mar que bica a praia e que escribe nela historias fermosas. E nomes, como o de VIAAURIA, o de ANGEL, o de HELENA, o de MATEO... Nomes escritos con pedras, con anacos de soños, ou con pensamentos... Nomes escritos na area polas meigas vellas e eternas que laten aquí dende moito antes de que empezase a existir a vila de Malpica...

     Un fermoso día. Cansos e contentos volvemos para os buses. E Viaauria segue, mes a mes, sementando amizade, ledicia, fermosura e luz...

(Juan, 26-05-2012)

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador