Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Viaauria dende montederramo ó santuario dos Milagres
Juan Rúa
10/05/2008

DSC00020 DSC00027 DSC00056 DSC00059
DSC00020.jpg         DSC00027.jpg         DSC00056.jpg         DSC00059.jpg        
DSC00080 IMG_3518 IMG_3533 IMG_3549
DSC00080.jpg         IMG_3518.jpg         IMG_3533.jpg         IMG_3549.jpg        
IMG_3551 IMG_3567 IMG_3575 IMG_3576
IMG_3551.jpg         IMG_3567.jpg         IMG_3575.jpg         IMG_3576.jpg        
IMG_3588 IMG_3598 IMG_3606 IMG_3607
IMG_3588.jpg         IMG_3598.jpg         IMG_3606.jpg         IMG_3607.jpg        
IMG_3614 IMG_3617 IMG_3625 IMG_3629
IMG_3614.jpg         IMG_3617.jpg         IMG_3625.jpg         IMG_3629.jpg        
IMG_3639 IMG_3642 IMG_3702 IMG_3704
IMG_3639.jpg         IMG_3642.jpg         IMG_3702.jpg         IMG_3704.jpg        
IMG_3713 IMG_3717 IMG_3740 IMG_3743
IMG_3713.jpg         IMG_3717.jpg         IMG_3740.jpg         IMG_3743.jpg        
IMG_3750 IMG_3751 IMG_3762 IMG_3783
IMG_3750.jpg         IMG_3751.jpg         IMG_3762.jpg         IMG_3783.jpg        
IMG_3789 IMG_3793 IMG_3807 IMG_3815
IMG_3789.jpg         IMG_3793.jpg         IMG_3807.jpg         IMG_3815.jpg        
IMG_3822 IMG_3831 IMG_3841  
IMG_3822.jpg         IMG_3831.jpg         IMG_3841.jpg        

 

DE MONTEDERRAMO A OS MILAGRES

     Os autobuses leváronnos ata Montederramo. Café. E logo visita guiada ó Mosteiro de Montederramo. Sorpresa. A guía, unha rapaza alta e simpática, foinos levando pola Igrexa e polos claustros. As súas palabras leváronnos a tempos pasados: a chegada do Cister a Galicia, a contrucción do Mosteiro, o seu explendor, a desamortización, o abandono, as ventas e reventas, os intentos de recuperación e a reconstrucción e restauración. Unha longa historia que ainda non rematou. Chamáronnos a atención moitas cousas. Podemos citar algunhas: o retablo maior e o coro, na Igrexa. O clautro cuberto, adicado a patio de colexio, coas paredes cheas de carteis que lle dan vida, e que amosan as ilusións de nenos e mestres, e os seus desexos de contruir xuntos un mundo millor... A beleza espisa e crúa do outro clautro, ainda sen restaurar...

     Non sei se era pola simpatía da guía ou polo medo á choiva... pero o caso é que parecía que naide tiña presa e que todo o mundo quería que a estancia no Mosteiro se alongase máis e máis...

     Pero ó fin houbo que dar por rematada a visita cultural... Chovía e chovía e seguía chovendo. E non tiña pinta de que fose a escampar. Por iso Angel deu a opción de que o que non quixese camiñar se quedase no autobús. Case todos optamos por abrir os paraguas e botar a andar.

     Río Mao. Prados verdes moi verdes. Pobos pequeniños.... Comemos entre penedas, nun lumbeiro cheo de flores, con vistas ó val de Maceda. E logo baixamos, con dor de pernas, por unha costa que tardou moito tempo en rematar... Alí naceron algunhas maniotas... Serpenteamos logo por camiños e sendas entre piñeiros... ata que chegamos ó santuario dos Milagres... no que entramos pola súa parte traseira.

     A medida que foi avanzando o día ... foi mellorando o tempo... e cando rematamos démonos de conta de que ó fin e o cabo tampouco chovera tanto... pois a realidade é que non estabamos nada mollados... Tamén é certo que cos anos imos tendo certa veteranía e xa sabemos que cando se conta choiva hai que levar polainas, pantalóns de auga, chaqueta de auga con capucha, e paraguas... Ainda que cicais este día os paraguas foron os que peor o pasaron, pois moitos deles feneceron, asasinados polo vento...

     En calquera caso tivemos, unha vez máis, un fermoso día cor viaauria, por moito que algúns dos asistentes arrastramos os pes cargados de sono, por ternos deitado tarde a noite anterior... E algúns, como o xefe e director da orquesta, nin tan xiquera cheirou a cama, pois saiu do turno de traballo nocturno direitamente cara o autobús... Moito amor hai que ter por Viaauria para facer estas toladas. Pero é que, o que non está algo tolo, non fai nada.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador