Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Viaauria polo Barbanza
Juan 16/06/2007 |
VIAAURIA POLO BARBANZA
Sabado. 16 de xuño. Despois de moitos días de espera chega por fin o día de Viaauria. O día nace escuro. Parece que vai chover.
Viaxe en coche dende Carballiño a Ourense. Gonzalo, Luisa, Marce e mais eu. Imos filosofando: falamos do ennadamento, de ennadarse, de vaciarse de todo, de poñernos no punto cero, para despois pensar que todo o que veña a partir de ahí é un regalo. O día está gris e o ennadamento faise imprescindible para poder sobrevivir a esas horas da mañán, despois de durmir poucas horas... A verdade é que o ennadamento funciona... e rímos a cachón. Media hora de viaxe realmente máxica.
Xa en Ourense, os buses empezan a viaxe coa puntualidade habitual. Longa viaxe. Eterna viaxe. Despois de mais de tres horas chegamos a Corrubedo. Medio entumecidos. No bus o ennadamento funciona con mais dificultade. ¿Quén nos mandará meternos nestes tinglados?. ¡Co ben que se estaría na casa, descansando e pasmando, un sábado pola mañán!!!.
En Corrubedo tomamos un café... que nos devolve parte das forzas perdidas. Volvemos a subir ós buses... camiño do castro de Baroña. Alí desembarcamos. ¡Por fín!.
Pero nada máis empezar a andar... topámonos de frente coa maxestuosa máxia do castro de Baroña. A súa mera visión xa nos recompensa de todos os pesares da longa viaxe. ¡Soio por esto xa valeu a pena vir!. Facemos un pequeno percorrido polo castro. Respiramos olores de beixos antiguos. Nos inexistentes recantos das casas redondas agóchanse historias nunca contadas de amores vellos. Cheira en realidade a amores vellos...
Despois de encher a alma de historia nas pedras vellas do castro... diriximos os nosos pes cara a praia de Castro. Un pequeno grupo pérdese... Chamamos por eles. Non nos escoitan. Pero ó cabo dun anaco avistan detrás dun pequeno lumbeiro... e veñen camiñando cara nos. Tema resolto. De momento. Porque pola tarde haberá outro grupo que tamén se perderá... O día cheira un pouco a aventura...
Pasamos logo polas praias de Cedeira e Queiruga. Esta longa. E seguimos. Punta calleira. Praia Xudemil. Punta do Allo. Punta Laxe. Punta Bacan. Praia Bacan. Punta Prado do Río. Praia Prado do Río. Praia de Xuño. En algún momento incruso tivemos que construir unha pequena ponte de táboas para poder salvar a pé enxoito algún minirregato... E pasando por puntas e praias... chegamos por fín ás FURNAS, onde está a Punta das Pedras Negras, que foi o lugar onde o coñecido Ramón Sampedro, sendo novo, se tirou de cabeza ó mar, e bateu no fondo, quedando tetrapléxico... Alí hai, cravada na roca, unha placa que recorda o feito....
Nas Furnas comemos. Uns dentro e outros fora. E a verdade é que na mesa de fora chovía... cervexa ... e fervía todo con grandes risotadas... Penso que os que estabamos dentro -cómodos- tiñamos algo de envexa dos que estaban fora -ultraledos-. Cousas que pasan.
Despois de xantar volta a camiñar. Praia Río Sieira. Praia de Basoñas (longa, con pequenas dunas, e cunha lagoa chamada de Muro. Pasamos logo por máis puntas e prais de nomes que xa non lembro. Empezou a chover un pouco. ¡Pouca cousa!. O que íbamos medio perdidos á cola do pelotón vimos como Anxel volvía e nos preguntaba: "¿sodes vos os que chamastes por teléfono decindo que estabades perdidos?". "Non". Resulta que ainda había un grupo que viña perdido, máis atrás ca nos. Anxel foi a buscalos. E nos seguimos. Pasamos pola praia de Espiñeirido, e logo, por camiños de terra adentro, fomos indo ata chegar ó destino: Corrubedo. Alí nos agardaban de novo os buses, ós que subimos depois de tomar algo nos bares do pobo aquel. Case todos recalaron no mesmo bar. Pero como estaba cheo uns poucos, catro ou cinco, fomos a outro bar que estaba un pouco mais lonxe ... e que estaba vacío... ¿vacío?... Non. Non estaba vacío de todo... porque ... alí había unha serea... corpo de muller fermosa, cola de peixe, e alma de luz... Pero esta historia xa vola contarei outro día... se é que se pode contar...
Logo buses camiño de Ourense. A onde chegamos tarde, pero ben... ¡moi ben!!!... un día moi fermoso, dos que enchen a vida, dos que valen a pena, dos que gusta vivir... Un día no que pensabamos que ía chover moito... e ó final... o que choveu foi sobre todo ledicia e felicidade....
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa