Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Viaauria.
As campas de Laude. Juan 05/05/2007 |
AS CAMPAS DE LAUDE
Saimos de Ourense ás 8:00, en dous autobuses, pola autovía, en dirección a Madrid. E, cando xa faltaba pouco para que rematase a provincia, collemos por unha carretera que nos levou, xogando ó escondite coas montañas, a un pobo chamado Barxacova ou Barjacova, situado xa en terras da provincia de Zamora.
O día estaba fermoso e soleado. Fresco. Marabilloso. Subimos e subimos, buscando o ceo que estaba cada vez mais perto. Topamos paisaxes impresionantes, flores e prantas que soio viven na alta montaña, rás de San Antón e outros animaliños que non nos dixeron como se chamaban... Topamos pequenos lagos. E "castelos" de pedras que marcaban lugares especialmente visibles, recortando a súa silueta contra o azul celeste.
Comemos en boa compaña. Repousamos un chisco. E logo baixamos (¡vaia baixada!!!) de cara un val que nos levou de novo a Barxacoba.
Pasamos frío na subida, cando camiñabamos pola cara norte da montaña, vendo ó lonxe a neve en Peña Trevinca, e respirando o aire afiado que dende alí viña. E pasamos calor na baixada, cando, protexidos do vento do norte, sentimos o sol nos nosos corpos, camiñando pola aba sur das montañas.
E por dentro, cada un sabe o que sentiu... Para algún foi un reencontro coas súas raíces de alta montaña, coa nenez, cos recordos dos días pasados coidando as vacas... Para moitos... notábase de cando en cando un arrecendo intenso que traía a presenza da lembranza de Laude. Para outros... Cada un sabe o que ese día sentiu nacer ou renacer dentro do seu corazón... Pero en todos se escoitaba a música da amizade, da ledicia e da boa compaña. E... ¡todos nos sentimos vivos! ¡Intensamente vivos!.
En Barxacoba volvemos coller os buses para Ourense. No zurrón interior trouxemos unha morea de enerxía, aire fresco, conversas amigables, e sorrisos de mil cores... Non foi, dende logo, un día perdido. ¡Nin moito menos!. Foi un día marabilloso, coma todos os días viaauria.
(5-5-2007)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa