Galicias.com: unha casa para todos

COMERCIOS DO CARBALLIÑO
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

O can que non falaba inglés.

     Manolo vive en Ourense. Ten 48 anos. É cego de nacemento. Vende o cupón dende fai moitos anos. E ten un can que o acompaña sempre, e que o guía a todas partes. Un can grande, manso, dócil, con cara de boa persoa. Un can que non lle ladra a naide. Un can que mira con franqueza e que non lle da medo a ninguén.

     Manolo levántase, dúchase, vístese, aféitase, almorza, ... sen precisar que naide lle axude. Abre e pecha a porta da casa, chama ó ascensor, mira se ten correo no buzón, baixa as sete escaleiras do portal ... Vai e ven cada día dende a súa casa ó posto no que vende o cupón. Anda sempre el só polo pobo, e deféndese moi ben, axudado polo seu can. Coñece as rúas, as beirarrúas, os pasos de peóns... Coñece os lugares do pobo polos que se move como a palma da súa man.

     Manolo pediu un préstamo na Caixa de Aforros. E hoxe tivo que ir para firmar os papeis. Porque Manolo, inda que non ve, sabe firmar. Entrou na Caixa guiado polo seu can. E o director pediulle que entraran no seu despacho. Entraron. O can diante. E Manolo díxolle ó can: "Sit down, please". O director mirounos un pouco sorprendido e preguntoulle: "E logo, o can ¿fala inglés?". Manolo contestou con naturalidade: "Non o fala, pero enténdeo. Trouxéronmo de Estados Unidos. E para que me entenda téñolle que falar en inglés".

    Despois de arranxar os papeis despedíronse e Manolo foise, falándolle ó seu can: "Stand up. Come on. We have finished and we let`s go away".

(Juan 07-07-2005)

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador