Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos bonitas de Galicia.
Sobrado dos Monxes. Juan 23/03/2008 |
SOBRADO DOS MONXES
Na provincias da Coruña. Lonxe do mar. Nas terras do interior. Onsde cualla a neve. Deitado nas ladeiras suaves de montañas antiguas, dorme-vive, con certo aire de intemporalidade, o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Ten a súa orixe no século X. En 1147 o papa Uxío III confirma a súa fundación; en 1498 únese á congregación reformada do Cister; entre os anos 1600-1700 fanse nel grandes obras e reformas; en 1834 unha Real Orde elimina o Cenobio, o cal fai que o mosteiro quede abandoado; en 1945 comenza a súa restauración e en 1966 volve a establecerse nel unha comunidade de monxes procedentes da Abadía de Viaceli (Cóbreces-Cantabria).
Tres claustros: o dos peregrinos, sóbrio e sinxelo, onde hai un albergue para peregrinos, con duas plantas (Sobrado é un dos lugares senlleiros do Camiño do Norte); o dos medallóns, máis rico e fermoso; e o da comunidade, moito máis grande ca os outros dous.
Unha igrexa grandiosa: fachada principal, obra de Pedro Monteagudo, feita alá polos arredores do ano 1680; pranta de cruz latina, con tres naves; cúpula ricamente decorada; sacristía do século XVI, sorprendente tamén pola súa decoración e pola súa cúpula; e capela do Rosario, do século XVII, onde o barroco é mais barroco ca nunca, destacando a súa entrada e a súa cúpula; e a capela de San Xoán Bautista, do século XII, a parte máis antigua que se conserva neste mosteiro. A luz da tarde entra polas "linternas". Hai unha forza irresitible que nos empuxa a mirar cara arriba, cara o teito, buscando un ceo debuxado nas pedras.
E dentro unha comunidade. Monxes que rezan, traballan, estudian... Monxes que cantan, esculpindo almas nas pedras... ¡Qué ben soa neste marco a lingua galega!.
Remata a Semana Santa do ano 2008, coa vixilia pascual. Na tarde do sábado chove, sae o sol, vai frío, moito frío... e as néboas parecen que queren dicir algo... A mañán do domingo desperta blanca, cuallada de neve... Fermosura divina neste máxico recanto da Galicia eterna.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa