Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia.
Concello de Silleda. Breixa, San Pedro de Ansemil, San Lourenzo de Carboeiro
e Fervenza do Toxa. Ruta senderista feita por Viaauria. Autor: Juan 21/01/2006 |
Sábado, día 21 de xaneiro de 2005. 8:30 da mañan. Dous autobuses cheos de xente saen de Ourense camiño de Silleda. Dispostos a disfrutar unha vez máis da fermosura de Galicia: arte, camiños, paisaxes. O románico do Deza: Igrexa parroquial de Breixa, Igrexa de San Pedro de Ansemil, mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro... Arte de pedra. Pedras con historia e con alma. E tamén ten arte a paisaxe: verdes prados con vacas pacendo, sendeiro, bosques, ríos e pontes, e para rematar unha fervenza, a do Toxa. Coa auga caendo maxestuosa. E no medio de todo a xente: ó redor de cento dez persoas, todas sorrintes a amigables, respirando aire puro, falando, conversando, compartindo un xantar de campo a carón do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Pan, queixo, xamón, caldo, licor café... calquera cousa... ¡Qué rico sabe todo cando se comparte con amigos!.
E todo esto está organizado por Viaauria. Elena e máis Angel. Angel vai explicando mil cousas durante a ruta. Sabe de arte, de bioloxía, e do que faga falta. Tan ben fala dun capitel, como fala do proceso que seguen as avespas para facer un niño que está adosado ó capitel, igual explica de qué animal son as pegadas que están marcadas no chan, como nos ensina a diferenciar unhas árbores de outras ou a fixarnos nas diferentes razas de vacas que xuntas pacen nun mesmo prado. Elena pon a cámara de fotos, a páxina web, e moitas cousas máis que non se ven. Entre os dous fan unha perfecta organización. E con moitos fíos invisibles fan que todos pasemos un día marabilloso camiñando polas fermosas terras de Silleda.
Para saber mais desta increíble asociación de "senderismo
cos cinco sentidos" podedes visitar esta web:
www.viaauria.com
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa