Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Fotos de Galicia.Viaauria polo Xerés (Portugal)
Juan
18/04/2009

IMG_1124 IMG_1129 IMG_1138 IMG_1174
IMG_1124.jpg         IMG_1129.jpg         IMG_1138.jpg         IMG_1174.jpg        
IMG_1176 IMG_1177 IMG_1184 IMG_1191
IMG_1176.jpg         IMG_1177.jpg         IMG_1184.jpg         IMG_1191.jpg        
IMG_1195 IMG_1200 IMG_1205 IMG_1211
IMG_1195.jpg         IMG_1200.jpg         IMG_1205.jpg         IMG_1211.jpg        
IMG_1219 IMG_1232 IMG_1239 IMG_1242
IMG_1219.jpg         IMG_1232.jpg         IMG_1239.jpg         IMG_1242.jpg        
IMG_1267 IMG_1272 IMG_1277 IMG_1295
IMG_1267.jpg         IMG_1272.jpg         IMG_1277.jpg         IMG_1295.jpg        
IMG_1305 IMG_1310 IMG_1313 IMG_1317
IMG_1305.jpg         IMG_1310.jpg         IMG_1313.jpg         IMG_1317.jpg        
IMG_1318 IMG_1321 IMG_1334 IMG_1339
IMG_1318.jpg         IMG_1321.jpg         IMG_1334.jpg         IMG_1339.jpg        
IMG_1345 IMG_1346 IMG_1354 IMG_1358
IMG_1345.jpg         IMG_1346.jpg         IMG_1354.jpg         IMG_1358.jpg        
IMG_1375 IMG_1386 IMG_1394 IMG_1395
IMG_1375.jpg         IMG_1386.jpg         IMG_1394.jpg         IMG_1395.jpg        
IMG_1399 IMG_1446 IMG_1456 IMG_1469
IMG_1399.jpg         IMG_1446.jpg         IMG_1456.jpg         IMG_1469.jpg        
IMG_1474 IMG_1476 IMG_1479 IMG_1481
IMG_1474.jpg         IMG_1476.jpg         IMG_1479.jpg         IMG_1481.jpg        

 

O CALDO DE PEDRA

     Abril augas mil. Tempo de choiva. E así parecía que tocaba o sábado 18 de abril do 2009. Os dous autobuses de Viaauria arribaron ás terras portuguesas. Sairon os viaauriños armados de polainas, pantalóns de auga, chuvasqueiros, paraguas e artiluxios diversos para protexerse da auga que podía caer do ceo no caso de que as néboas se enchesen de buratos...

    Pero saiu o sol, e co seu sorriso coseu os rotos das néboas todas, de tal xeito que tivemos unha mañan na que non caeu nin unha pingada... Fresca e soleada. Como lle gusta ós camiñantes...

     Lumbeiros espidos, salpicados de penedos... Castelos segredos agochados nas cimas... Camiños pequenos sepenteando... Un paso detrás doutro... Unha ponte fermosa... Outra ponte e un muiño... E mil cancelas cortando coma soldados de chumbo o paso do gando... De estilos diversos... De madeira... De ferro de forxa coma se dun balcón se tratara... ¿E os metálicos galegos? ¿Ulos?... O noso reciclaxe salvaxe ainda non cuallou de todo no veciño Portugal... Se ben, como en "todas partes cocen fabas"... vimos tamén algunhas construccións de estilo "bloqueresco", co bloque de toda a vida espido competindo con vellos anacos de paredes de pedra...

     Chegou a hora de comer. Que non da comida. Varios restaurantes. Pero todos cheos.

¿Cantos son?
Oito.
¿Teñen vostedes reservado?.
Pois non.
Pois entón...

Vaia. Comer temos que comer. Pensemos. O Rubén cóntanos o conto do caldo de pedra. Sí. Temos que aplicar este conto. O comedor está cheo, pero a cafetería está valeira.

Mire. ¿Podemonos sentar nesta mesa?.
Claro.
E mire, unhas cervexas e unhas cocacolas... sí que nos poderá servir.
Pois claro.

Ben. Imos ben. Un anaco despois...

Mire, e... ¿un pouco de pan... terá?.
Sí.
E se cadra uns embutidos?.
Tamén.
Vale. Pois póñanos algo, así a súa maneira....

Imos indo. Deixamos que pase un bo pedazo de tempo. E logo volvemos a sorrirlle á camareira...

E mire... ¿non poderíamos pedir uns pratos de sopa, coma se fora de postre?.
Vou ver... ¿Cantos queren?
Cinco.

E trainos pratos, culleres e unha pota de caldo... Xa non imos morrer de fame...

E se lle pedimos duas racións de cabrito?
Agora mesmo llas traio.

     E así foi. Ó final acabamos comendo a fartar. E sobrounos carne e mais guarnición. Ata o punto de que invitamos a comer a un grupo que había na mesa de ó lado. E ainda seguiu sobrando carne e mais guarnición. Un amigo saca un tuperware... e bota alí a guarnición... ¡Bota tamén a carne...! ¿Pero ti non eres vexetariano? Eu sí, pero o meu gato non. E así rematamos... traendonos viandas de Portugal...

     Feito todo isto, sementado de risas, namentras fora chovía, agora sí, con ganas... Feito todo isto, digo... soio faltaba facernos unha foto coa camareira no medio. E claro que dixo que sí. ¿Por qué ía a decir que non se non comportáramos coma verdadeiros portugueses? Se a fin de contas todos somos hirmáns...

     Rematado o tempo do xantar, parou de chover... Subir ó castelo (voluntario), visitar o pobo, e veña ós autobuses, camiño do Santuario da Nosa Señora da Peneda... que nos agardaba alí, grande e maxestuoso, sentado beira do enorme lumbeiro de pedra... Visto o lugar, volvemos ós autobuses, que ó son de fermosos e animados cantos nos trouxeron de volta para a nosa España, para a nosa Galicia, para as nosas casiñas... onde nos agardaba o calor do fogar, despois dun día cheo de cor... de cor viaauria.

     Chegamos sen fame... porque ainda traimamos as barrigas cheas do arrecendo do vello conto do caldo de pedra...

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador