Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Viaauria
pola Ribeira Sacra. Juan 17/11/2007 |
A RIBEIRA SACRA
A
Ribeira Sacra é un lugar cheo de máxia e de fermosura...
As veces que estiven na Ribeira Sacra... sempre
me sentín moi feliz...
A paisaxe é increible: Ladeiras empinadas
cubertas dun espeso manto arbóreo... e no fondo o río Sil deitado,
coma se estivera durmindo...
No río xúntanse nun abrazo de auga os soños das duas
ribeiras: a de Lugo e a de Ourense...
A Ribeira Sacra é un lugar cheo de enerxía
positiva...
Un
lugar onde se ve a ledicia brincando entre as follas dos castiñeiros,
dos carballos e dos vidueiros... O único lugar do mundo onde se pode
escoitar pola mañanciña cedo cómo se rin as pedras escoitando
como falan os penedos...
E din que, cando todo está oscuro e en
silencio se poden escoitar vellos cantos gregorianos que levan séculos
e séculos saíndo cada noite do fondo do embalse para pasearse
polos camiños vellos alfombrados de follas, lembranzas e poemas...
Unha vez contáronme en segredo que ó ceo lle faltaba un anaquiño, que llo roubara un monxe antigo que o trouxera escondido entre os seus beizos, e que o sementara na Ribeira Sacra... E que ese anaco de ceo alí prendera e medrara... E que agora por iso toda a Ribeira Sacra arrecende a ceo e a beixos...
E tamén contan que o olor da Ribeira Sacra e o de Viaauria ... se parecen moito... e que hai incluso moita xente que non é capaz de distinguilos...
Pilar Abraldes viuno así:
"Unha borracheira para os sentidos. Os efectos dos efluvios do outono no Sil persisten e non resulta doado, pois, poñer orde nas sensacións do sábado, dezasete de novembro. Menos mal que Ángel botou unha man...
Agora sí, ademáis de visualizado, o roteiro, está perfectamente identificado. As cores do outono, sucesiòn continua de ocres e amarelos, dende Loureiro ata onde o día caeu, camiño de Portela dende a Santa Cristina máxica. Os sons do outono, das pegadas sobre as follas secas e conxeladas dos castaños e carballeiras, dos soutos que sobreviven e alimentan ó home, abandonado o fogar. Os sabores e aromas do outono, a castaña da Ribeira Sacra. A inmensidade, en fin, dunha terra que resiste.
Así transcorreu o sábado. Entre camiñar, admirar e renova-la proclamación de fé no noso medio. Mágoa que a penas quede xente de Loureiro, Vilar de Cerreda, Cerreda, Vilouxe, Castro, Portela, ou mesmo Parada do Sil. É o que hai. Abramo-los ollos e fagamos caso da chamada da terra, intensa dende os miradores da Gándara ou de Pé do Home.
Unha borracheira para os sentidos, sí, eso foi a proposta de Via Auria polos canóns do Sil do lado ourensán. Se cadra, non chegamos tan tarde os que, por fin, damos co camiño. Temos moito por diante..."
..
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa