Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

     Orixe e finalidade deste sitio web

rua.es      galicias.org      galicias.net     galicias.com     alvarodascasas.com notaria.org

     Camba é unha pequena aldea do concello de Laza, na provincia de Ourense, na comunidade autónoma de Galicia, nun pais chamado España. Alí, a máis de mil metros de altura, viven hoxe ó redor de 20 persoas. Pero houbo tempos nos que había no pobo de Camba máis de trescentas almas.

     Moitas persoas de Camba emigraron a outras partes de España ou a outros países, principalmente a Europa e a América do Sur. Deste xeito hai milleiros de persoas espalladas polos cinco continentes que teñen as súas raíces en Camba.

     Esta páxina web naceu inicialmente co obxectivo de darlle a coñecer o pobo de Camba a todas eses fillos, netos, bisnetos ... de persoas que naceron en Camba e que se viron forzadas a emigrar.

     Logo, pouco a pouco, a web foi medrando e foi incorporando outros elementos, como fotos de diferentes lugares de Galicia, frases e pensamentos positivos, información sobre algunhas asociacións galegas, etc. Pero sempre guiada pola mesma filosofía inicial: trátase de darlle a coñecer Galicia ós galegos que andan polo mundo adiante e tamén a calquera outra persoa que sen ser galega teña interese por Galicia, e tamén de poñer aquí cousas, ideas, frases, ou pensamentos positivos que axuden a quen os queira ler a sentirse mellor. E todo eso de balde. Porque aquí non se vende nada. Nin se publicita nada. Con esta páxina non se pretende lograr ningún beneficio económico de ningún tipo. Non ten ánimo de lucro. Todo aquí se ofrece gratis e sen esperar nada a cambio.

     E esta mesma filosofía séguese nas outras webs que pouco a pouco foron nacendo e que, ainda que levan outros nomes, están integradas dentro da "familia galicias": galicias.org, galicias.net, rua.es, alvarodascasas.com e notaria.org.

     O autor de todas estas webs chámase Juan Antonio Rúa. Naceu en Camba. E vive no Carballiño. Ten enderezo na Rúa José Cendón Míllara, 7, 1ºC. 32500 O Carballiño (Ourense). email: a@galicias.com. A este email pódese enviar calquera petición ou suxerencia para mellorar o contido destas páxinas.

     Así foi como naceu o sitio web de galicias e a súa "familia". Pero logo empezaron a chegar axudas de moitas persoas que sería imposible citar aquí. Xente dos cinco continentes colabora enviandome suxerencias, ideas, frases, fotos... Esto está sendo cada vez mais unha obra colectiva. Aquí estamos facendo un fogar, unha casa para todos. Gracias pola súa colaboración.

     Gracias a todos por visitar esta páxina e pola vosa axuda. Sin vós galicias non existiría e se existira non tería sentido.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador