Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Concello
de Meira. Viaauria. Juan 20/10/2007 |
PILI ABRALDES, unha moza que viña por primeira vez con Viaauria, escribiu esta crónica:
"Danlle en chamar agora ós ríos da nosa terra “mares interiores”. Pois ben, a máis recente proposta de Via Auria para facer país camiñando levounos, o pasado sábado vinte de outubro, ata o berce do PAI MIÑO, aló polas terras de Meira, en Lugo.
Tivemos a grande fortuna de que este outono
que non o parece- quen sabe se polo cambio climático- nos regalase,
tralas néboas mañaneiras, un día luminoso, de ceos inmensamente
azuis. Como inmenso é o mar interior que se otea dende os oitocentos
setenta e cinco metros de altitude da Montaña de Meira. Os Ancares
polo Sur, a Terra Chá polo Oeste, os Montes de León polo Oeste,
lindando coa Cordilleira Cantábrica e, polo Norte...o mar, o mar Cantábrico.
Fíxosenos esquivo e non se deixou ver, agochado entre as brétemas
da Mariña que, a bó seguro, alimentaron a riqueza narrativa
de Cunqueiro.
E aí, baixo esas terras altas, coas pegadas
das épocas dos glaciares, nace o Miño. Pisamos moitos por primeira
vez o sábado esas terras ricas en ferro, e sentimos que, por fin, chegabamos
ó principio da vida. Lugar: o Pedregal de Irimia. Hora: as cinco da
tarde. Unha foto de Juan Rúa dá fe do feliz acontecemento para
os algo máis de cen camiñantes “cos cinco sentidos”.
“Cos cinco sentidos”. Soa algo máis
que ben. Unha ruta con Via Auria esperta algo en nós e xa non nos deixa
parar...
Por certo, qué bonitos son os amenceres
dende as terras de Cambeo, e qué bonitos son os atardeceres, dende
o berce do Miño. Hai que vélos.
Vémonos polo Sil. Seguimos mergullándonos
nos mares interiores de Galicia".
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa