Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia.Viaauria
por Cabeza de Manzaneda, Prada e Requeixo: a SERRA Juan 23/05/2009 |
De Cabeza de Manzaneda a Requeixo, pasando por Prada: a SERRA.
Eran
as 6 da mañán cando a tronada me despertou. Tronos e raios sementaban
o ceo do Carballiño, namentras as néboas botaban auga con caldeiros.
Imos ter mal día, pensei.
Ás
6:30 sonou o despertador. Ducha. Vestirse. Facer a mochila. Meto pantalóns
de auga e chuvasqueiro. Roupa de repuesto para cambiarse.
Un vaso de auga. Unha taza de leite. Xa é
de día.
Ás
7:15 subo ó coche de Gonzalo. Tamén está Pili. Os tres
empezamos a chouchar de cara Ourense. Entre saudos e risas.
Parece que parou de chover. Pero o ceo vese
encapotado.
Os autobuses saen de Ourense ás 8. Paramos en Castro Caldelas, onde vamos a unha panadería na que non venden pan (mercamos unhas bicas), e logo a unha carnicería na que non teñen xamón. ¡Vaia!. Media hora de parada, e volta ós buses que nos levan a Trives, e logo a Cabeza de Manzaneda. Alí nos deixan, no alto de todo.
Empezamos a andar. Primeiro pola pista que vai a Camba. Todo liso e llano. Vense os nevieiros durmindo nos abesedos. Angel vainos explicando a vida dos glaciares, eses seres que poboaron estas terras fai miles e miles de anos... Logo deixamos a pista de Camba e collemos un camiño cara a esquerda. Mais tarde o camiño vaise facendo mais malo... hasta case desaparecer...
Segue sen chover. Estamos tendo sorte.
Unha vaca perdida pasa pola ladeira, cerca do grupo de camiñantes. Ten un andar firme e case desafiante. Cabeza alta. Cornos afiados. Non parece que nos teña medo. Mais ven son os camiñantes os que teñen medo de que a vaca os poida embestir. Pero ela segue o seu camiño, orneando, e buscando a súa manada.
Unha forte baixada. Unha persoa que se topa mal. Son momentos de decisións importantes. Estamos no medio do monte. Incomunicados. Illados. Aparece Angel. Acércase unha médico. Trátase de axudar, non de agobiar. Varias persoas botan unha mau.
O corazón do universo late tan baixiño que case non se escoita.
Outra persoa sinte un calambre nunha perna. Moi forte. Doille moito. ¿Quén entende desto?. Túmbana no chan. Un home cóllelle o pé. E móvello apretando a punta do pe de cara adiante. Aparece unha crema antiinflamatoria... En pouco tempo este asunto parece quedar arranxado. Esta persoa pode volver a andar.
Cada un axuda no que pode. Pouco a pouco seguimos camiñando.... Chega un momento en que Angel manda que o grupo siga polo monte abaixo ata que chegue a un pobo abandonado e que alí paren para comer. Uns poucos quedan con Angel para axudar no que faga falta. Todo o mundo obedece as órdenes de Angel. Nestes momentos nótase que Viaauria é unha familia. Unha gran familia.
Dificultades. O ceo ponse cada vez mais escuro. Escóitase un trono que fai renxer as vellas raíces enterradas dos penedos. Escápanse unhas cantas pingadas. Parece que vai caer unha boa. O camiño é empinado e dificil. Pero estamos xuntos e unidos: non hai medo.
Por fin chegamos ó val. E alí aparece Prada. Un pobo abandonado hai moitos anos. Esqueletos de vellas casas de pedra, esborralladas. Unha pequena igrexa co teito caendo. Un zapato roto. Unha pá. Un regato que separa os dous barrios. Aquí nesta aldea nunca tiveron luz eléctrica, comenta ún. Certo. Non se ve ningún ratro de cables nin de postes nin de nada que teña que ver coa electricidade. Hai unha casa na que ainda se ve unha cociña de ferro, unha cociña "económica", como as que facía o Malingre. Esta sería, seguramente, a casa do rico do lugar. Porque en todos os lugares hai ricos e pobres. Porque a riqueza e a pobreza son sempre conceptos relativos...
Chove un pouco. Pero non moito. Pouco a pouco vaise afastando a tronada. Comemos.
Nunha escaleira de pedra escóitanse ainda os latexos dos bicos vellos de dous namorados dados fai mais de corenta anos. Son latexos xa moi suaves e lonxanos. Entre as néboas ábrese un buratiño e pálpase o eterno corazón do sol acariciando a tarde. ¿Estamos nun conto? ¿Estamos nun soño?.
Prada non ten carretera. Pero sí unha pista. Aquí xa poden chegar os coches de protección civil. Angel chama. Empezamos a andar de novo. Cruzamos o regato. Ven o coche de protección civil e leva á persoa que se topaba mal e mais a duas ou tres que a acompañan. Os demáis seguimos camiñando ata chegar a Requeixo. Abre a tarde. E sae o sol. Parece que a vida volve... Xa se escoita de novo o latido regular e normal do corazón da tarde...
Un pouco mais adiante de Requeixo recóllennos os autobuses. Lévannos a Manzaneda, onde paramos para dar un paseo e para tomar algo. A persoa que se topara mal toma unha cervexa: xa está recuperada.
A paisaxe, o ceo, a solidaridade... unha andaina das que non se esquecen, das que quedan para sempre na memoria...
E unhas persoas que souberon comportarse e que se merecen un aplauso: ¡Chapó!.
(Juan, 23-05-2009)
Nota: Adicado a Elena, polo seu cumple...
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa