Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia.
Viaauria polas illas do Miño Autor: Juan. 24/06/2006 |
24 de junio de 2006. Andaina de Viaauria polas illas do Miño. Elena non pode vir porque está enferma. Pero ainda así, mamá Elena sigue estando presente todo o día na alma do grupo. Todos sentimos a súa suave sombra protectora sobre as nosas cabezas. Ás oito da mañán, cando están a punto de chegar os autobuses á parada da Alameda, a unha das amigas de Elena que lle axuda na organización sónalle o móbil. ¿Quén chama?. É Elena, mamá Elena, que chama dende a cama para preguntar se todo vai ben ou se hai algún problema. ¡Unha pasada!.
"Si falta Elena, falta todo" (Conchi). "Hoy nos falta más del 80% de la organización" (Angel). E moitas outras frases que se escoitan ó longo do día para expresar esta mesma idea con outras verbas.
En canto á andaina en sí, é moi fermosa. Imos case todo o tempo pola beira do río Miño, río abaixo, camiño da Guarda. Vendo o río, e, do outro lado, Portugal. Senda totalmente plana. De terra. Anxel explícanos as illas do Miño coas que os nosos ollos se van topando. E cóntanos tamén cousas de historia, de flora, de fauna... Coma sempre.
Comemos nunha praia. ¡Qué rica está a ensaladilla de mamá Pilar! ¡E o pan de Cea! ...
Logo damos un pequeno paseo pola beira do río. E cando volvemos ós autobuses aparece por sorpresa a entrega de regalos a Angel e Elena. Aproveitando o momento facemos unha foto de grupo.
E logo seguimos camiñando pola beira do río-mar e chegamos á Guarda. Un fermoso pobo mariñeiro.
A temperatura é suave todo o día. Ideal para camiñar. A xénte, en xeral, nótase moi contenta. ¡Un día para enmarcar!.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa