Galicias.com: una casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMINO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Viaxe a Praga. Exposición OUTONO FOTOGRAFICO 2013
Juan
09/11/2013
aa_MG_5038ii ab_MG_4876ii ac_MG_4954ii adIMG_0558ii ae_MG_5141ii
af ag_MG_5832ii ahIMG_0572ii ai_MG_5195ii aj_MG_4766ii
al_MG_5484ii am_MG_5844ii an_MG_5395ii ap_MG_4743ii aq_MG_4773ii
as_MG_5464ii at_MG_5240ii au_MG_4710i av_MG_5785ii axIMG_0320ii

 

 

Autor: Juan Rúa
Título da exposición: VIAXE A PRAGA
Lugar: OURENSE. Centro Cívico A Cuña, do 4 ao 30 de novembro.

 

     PRAGA.-Capital da República Checa. Noutros tempos capital do Reino de Bohemia.
     Arquitectura, música, literatura, historia, cultura… Praga está considerada unha das cidades máis fermosas do mundo, Praga sorprende polo ben coidadas que están as prazas, as rúas e os edificios do casco histórico, que é Patrimonio da Humanidade…
     Praga está chea de lendas, de soños, e de parellas de namorados que cruzan o río Moldava pola Ponte de Carlos, collidos das mans, e sentindo dentro o rebulir das bolboretas eternas…

       Esta exposición ten dúas partes. Cando o viaxeiro chega a Praga tópase en primeiro lugar cunha cidade fermosa e ben coidada, ateigada de turistas que pasean ledos e despreocupados polas rúas e prazas. É unha cidade de postal, vestida de seda, e acariciada polas augas do río Moldava. Entrelazadas as dúas orelas da cidade por varias pontes, entre as que destaca a Ponte Carlos, que é todo un símbolo da cidade, do seu pasado e da súa historia.
     Pero o viaxeiro, despois de saborear a fermosura da cidade, quere ir un pouco máis alá. E topa outras realidades. Tamén hai xente que pide nas rúas. Xente sen rostro. E unha vella que sentada estende a súa man, pedíndolle esmola a ninguén, porque xa todos se foron na procura da felicidade, deixándoa soia. Non ten rostro, non ten cor, non ten mirada… Soidade negra, vestida de loito, e unha man vacia…


     O autor das fotos é JUAN RÚA .- 1960 (Camba-Laza). Atento. Observador. Mira a cousas sen presas. Non se dedica profesionalmente á fotografía nin a nada que teña que ver con ela. Pero pasa unha parte importante do seu tempo de lecer retratando anacos de realidade. Persoas. Cousas. Paisaxes. Momentos de luz. Para el a fotografía é unha maneira especial de ver a vida. Sinte que cando fai fotos o tempo desaparece, e pola súa alma espállase un fondo e fermoso arrecendo a ledicia. Para el facer fotos non é un traballo senón unha necesidade.
     Participa no Outono Fotográfico dende o ano 2007. É membro da Asociación O POTIÑOS. Moitas das súas fotos pódense ver na web www.galicias.com

 

 

 

ELLA LE PIDE A NADIE

 

Ella le pide a nadie.

 

No tiene nombre,

no tiene rostro,

no tiene nadie a quien pedirle...

 

Solo una mano tendida

hacia el vacío..

 

Solo su vejez,

su soledad,

y su pobreza.

 

Sus sandalias gastadas,

su ropa negra,

su rincón en la calle,

su asiento en la piedra dura

de la escalera.

 

Su frío y su silencio.

 

Tiende su mano,

pero no hay nadie,

tiende su mano

hacia la nada...

 

¿A quién le pide?

 

Quizás te pide a tí,

sí, a tí, espectador y lector,

a tí que, al igual que ella,

estás hecho de átomos

que un día lejano

fueron polvo de estrellas...

 

Quizás un día estuvieron juntos

tus átomos y los suyos,

y quizás en el futuro

volverán a estár unidos ...

 

Porque tú, ella, y yo

formamos parte del mismo Todo,

del mismo Universo

que no logramos entender,

de la misma Vida

que es mucho más grande

que nuestras pequeñeces...

 

Tu, yo, y ella

tenemos la misma alma

y formamos parte del mismo Ser.

 

Ella le pide a nadie,

escoltada por la Música

que mueve el sol

y los planetas.

 

¿Y tú? ¿Y yo?

¿Qué hacemos

para cambiar el mundo?

 

(9-11-2013)

 

 

 

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador