Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Camiño
de Santiago. Ourense-Oseira. Juan 13/06/2009 |
Camiño de Santiago: vía da prata. Ourense-Oseira.
Chegamos á Veracruz ás sete da mañán. Era tan cedo que a estatua de Don Evaristo ainda se estaba subindo ó seu pedestal.
Pronto empezou a sair o sol. O día chegaba hermoso. O autobús levounos a Ourense onde recollemos a seis ou sete amigos mais. En total eramos trinta e tantos. Volvemos en autobús pola antigua estrada de Vigo, e ó cegar á altura de Canedo collemos á dereita, de cara a montaña, por un camiño asfaltado que pouco a pouco nos foi metendo no bosque. Chegamos a un pequeno pobo e alí baixamos do bus para empezar a camiñar. Eran as oito da mañán.
Fermosos camiños de terra levaronnos cara Amoeiro, e logo cara Cea. Cando chegamos a Cea empezaron a botar foguetes…. Non era por nos, pero parecía que nos estaban recibindo cunha gran traca.
Atravesamos Cea e seguimos camiñando. Sentimos as caricias da sombra de carballos e vidueiros.
Topamos un anaco de camiño asulagado, que sorteamos polas paredes e polos lameiros, cada un como pudo, tratando de mollarse o menos posible. A verdade é que este cacho de camiño está case sempre cheo de auga, dende fai anos… Non sei como non fan algo para arranxalo.
En Silvavoa bebemos nunha fonte, e xogamos coa auga, a mollarnos e a refrescarnos… E a verdade é que se agradecía, pois a calor xa empezaba a apretar.
Reemprendemos o camiño e pronto chegamos a Pieles, onde o grupo se dividiu en dous: algúns subiron ó autobús… e outros continuamos andando pola carretera ata chegar a Oseira. Alí xuntámonos todos de novo, e refrescamos os pes no río… Descansamos un pouquiño. E logo, xa todos no autobús, fomos ata Cotelas, onde papamos un bo xantar.
Pola tarde volvemos ó rio de Oseira, para descansar un anaco, e logo tivemos unha visita guiado ó mosteiro… Rematamos cunha breve e simpática visita ó museo Liste…
Para logo volver en bus para Carballiño…
Foi de verdade un día muy fermoso. Pola compaña. Pola paisaxe. Polo bo día que fixo. Porque todo se confabulou para que nos sentísemos ben e fósemos felices. Así da gusto vivir.
Xa pasou tempo, pero eu aínda lembro as caricias dos sorrisos, das miradas, dos silencios e das palabras, que me cofeaban o eixe da alma, enchéndoma de luz.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa