Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Concello
de Celanova. Ruta currosiana. Juan 11/11/2006 |
Día 11 de novembro de 2006. Un grupo de amigos, convocados por Bieito Ledo, vanse xuntando pouco a pouco na praza Maior de Celanova, diante do monumental convento de San Rosendo.
O día está soleado e fermoso. Respírase ledicia. Todo o mundo está contento. A convocatoria é para facer a pé a Ruta Currosiana e logo compartir un cocido e un magosto na Rectoral de Ansemil. Un xeito de coñecer Galicia e de coñecernos a nos mesmos. Un caldo de galeguidade, lecer e amizade.
Empezamos a camiñar dende a mesma praza, pasamos pola rúa Emilia Pardo Bazán, e logo torcemos á dereita e baixamos pola rúa Castor Elices. Baixamos a Val e logo subimos a Penalta.
Aquí vemos a casa do famoso gaiteiro. E facemonos unhas fotos diante da maxestuosa pena. Diante da pena, un can e mais un burro están de parola. Un pouco máis á dereita unha familia de ovellas pacen en silencio. Ó fondo vese Celanova, señoreada polo seu Mosteiro.
De Penalta saimos por unha fermosa corredoira que descende entre árbores e balados, en dirección a Einibó. Pero, antes de chegar a Einibó, collemos un pequeno atallo que nos leva dereitamente á Carballeira. Non se sabe moi ben se este atallo se debe a un despiste ou a un desexo de acortar un poco a ruta. En calquera caso quedanos pendente para outro día a visita a Einibó.
Terminado o pequeno atallo chegamos á carretera onde collemos á esquerda en dirección a Campo. Aquí vemos un fermoso cruceiro onde nos facemos algunhas fotos.
Dende o cruceiro collemos cara a dereita buscando a eirexa de Mourillós. Ten meritorios restos románicos no ábside e un simpático campanario.
Despois seguimos cara a Devesa. Topamos un muro imponente beira do camiño. Todos pensamos que tal muro ten que gardar dentro un bo pazo. Un home que traballa nun aserradoiro, na Devesa, cóntanos que se trata dunha finca moi grande, que fai pouco foi partida entre dous hirmáns, e que dentro hai unha casa nova e unhas casas vellas restauradas. Pero que non hai un gran pazo. Trátase dunha propiedade que perteneceu ó Mosteiro.
Chegamos á carretera xeral e collemos á dereita, en dirección á eirexa da Virxe do Cristal.
Despois de visitar a eirexa, cruzamos a carretera e subimos cara Vilanova dos Infantes. Aquí entramos nunha taberna para botar un grolo. ¡Falta nos facía!...
Despois saímos cara Celanova. Di o guía que xa queda pouco. Pero de pronto topamos unha costa... ¿Hai que subir por eiquí?, pregunta Pepe. Sí, contesta Xosé Benito. E subimos. ¡Vaia costa!.
Chegamos a Celanova. Un pouco de bebida e parola na casa Lito, sérvenos para recuperar os folgos.
Collemos logo os coches e vamos cara a Rectoral de Ansemil. Alí agárdanos un rico cocido, unhas castañas asadas, e sobre todo unha charla entre amigos. Tampouco faltou a música: gaita e acordeón.
Un día fermoso... dos que demostran que Galicia é un país que vale a pena.
RUTA CURROSIANA
Obxectivo: Dar a coñecer ó visitante as paisaxes, lugares, paraxes, e elementos singulares do entorno próximo da vila de Celanova relacionados coa obra poética de Manuel Curros Enríquez. O poeta nace en Celanova o 15 de setembro do ano 1851, na Rúa do Gobernador n0 37, hoxe Rúa de Manuel Curros Enríquez, onde está a actualmente A Casa dos poetas. Da súa existencia en Celanova quedan as vivencias dos seus primeiros catorce anos, antes de fuxir a Madrid á casa dun irmán. Deste tempiño levará no fondo da súa alma, o cariño pola nai, a acedume por un pai imposible, a lingua do pobo labrego, os paseos co mestre Rebullo polo garimoso Val do Sorga, os soños e fabulacións dun neno que co tempo chegaría a ser o máis grande poeta civil de Galicia; nese lugar intermedio elixido por Rosendo da cabalo do ermo das poulas da Chaira do Leboreiro, e as veigas feraces e mimosas do río Arnoia, ó seu paso pola Terra de Celanova, camiño da Raia.
Xosé Benito Reza
Máis información na páxina de fundación Curros Enriquez.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa