Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia.Viaauria
polo concello de Cea. Juan. Camara de Olga. 15/12/2007 |
A terra do pan
15 de decembro de 2007. Os autobuses paran en Cea. Viaauria adorna a vila coas súas cores. Almorzo no Vaticano. Respírase ledicia dende o primeiro momento. O día está fresco e soleado.
Rematado o almorzo, a xente volve ós autobuses. En poucos minutos chegamos a Pieles. Alí empeza a camiñata. Vese a xeada nos lameiros. Non se move unha folla. Por iso non temos sensación de frío. Ceo limpo. Sol morno e garimoso. Sorrisos de cen watios. Saímos de Pieles en dirección a Mosteirón. Despois de pasar por esta aldea, collemos o Camiño de Santiago, en dirección a Sevilla... ó revés... Un fermoso paseo pisando polas rodeiras dos carros cubertas de follas, entre lameiros e carballeiras.
Un pouco antes de chegar a Cea deixamos o Camiño de Santiago e torcemos cara esquerda, pasamos por Bustelo, e chegamos a Covas. Aquí disfrutamos contemplando a súa fermosa igrexa barroca. Angel explícanos os moitos lugares que dende alí se poden ver.
Xantamos logo nun campo de tiro que parecía estar abandonado. Maribel está de cumpleanos. Por iso ten mesa con mantel. Ruxe ruxe de conversas. Comida compartida. Hai un arrecendo de amizade. Estase ben. .
E, sen dar tempo a durmir a siesta, poñémonos a camiñar de novo. Pasamos por varios lugares, visitamos Crecedur (onde naceu Camilo), e chegamos ó río Barbantiño, que estaba cuberto de xeo... Río abaixo chegamos a Casa Testa, onde xa nos están agardando os autobuses.
Foi un día cheo de sol, tanto no ceo coma nos corazóns. Cheiraba a matanza de porco, a recordos de infancia, e a perfume de amizade... Cheiraba ben. Olor viaauria...
O día tivo tamén os seus pequenos detalles: como por exemplo que a miña cámara de fotos se puxo tonta e non quixo encender. Eu non era capaz de imaxinarme un día de andaina sen facer fotos. Preguntei se había alguén que me emprestase algunha. E ó momento se ofreceron varios. Andiven todo o día coa máquina de fotos de Olga: unha Panasonic moi xeitosa. Moitas grazas, Olga.
Día de outono. Follas no chan. Árbores espidos. Xeada. Matanzas. Lameiros. Montes de toxos e xestas. E como fondo a Serra da Martiñá, sempre vixiándonos. Terras de Oseira, en tempos pasados, territorio hoxe do Pan de Cea.
E foi tamén o día das musarañas ("pequeno mamífero insectívoro de corpo máis ben alongado, pequeno tamaño e fociño aguzado"). Había moitas mortas no medio dos camiños. E moitos quedamos cunha pregunta dentro, sen respostar: ¿Por que morren as musarañas?.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa