Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos de Galicia. Viaauria
camiña dende Oseira a Cea. Juan 18/11/2006 |
Galicia. Aixada e mosteiro. O Mosteiro e a Aixada. A historia dos libros e das grandes fazañas, escrita nas pedras e nas formas do impresionante escorial galego. E a historia non escrita de moitas mans descoñecidas que cavaron a terra, que sementaron centeo e patacas, que fixeron regos para levar a auga ós lameiros, que coidaron vacas, que criaron fillos... que foron construindo dende o anonimato este país que hoxe chamamos Galicia.
As rodas dos carros choucharon durante séculos polas mesmas rodeiras e deixaron o rastro do seu paso escrito no corazón da terra.
¡¡¡A Terra!!! ¡Esa mai que con infinita paciencia leva milleiros de anos dándolle de comer ós seus fillos!. A todos. Incluso a aqueles que son mais rebeldes e que a insultan ás veces, a aqueles que pertenecen a unha especie que se considera superior e que se fai chamar "home".
Viaauria, este sabado, 18 de novembro de 2006, mirou con serenidade a inmensa e fermosa mole de pedra do Mosteiro de Oseira... e de seguido botouse a andar polos camiños da Galicia anónima dos carros e das aixadas. Chovía como soio sabe chover aquí, en Galicia. E rematamos empapados de auga e de natureza. Foi un día mollado e fermoso.
.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa