Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
O Carballiño pola igualdade.
Andaina. Juan 04/03/2012 |
ANDAINA POLA IGUALDADE
Acércase o día 8 de marzo, día da muller traballadora. E o concello do Carballiño vai organizar varias actividades encamiñadas a recordarnos que homes e mulleres somos seres humanos iguais en dereitos e deberes, e que debemos tratarnos mutuamente con repecto, evitando calquera discriminación.
Somos diferentes, somos complementarios, pero debemos ter as mesmas oportunidades.
Mais de cen persoas de tódalas idades acudiron á andaina pola igualdade. Guiados polo Sr. Francisco, un rillamillas veterano, de setenta y pico anos, camiñamos máis ou menos dez kilometros. A mañán estaba boa para andar. Non facía calor. Non facía frío. E case que non choveu nada...
Gustoume ver alí ó señor Alcalde, camiñando coma un veciño máis. Estaban tamén varios concellais...
Río Arenteiro arriba, pasamos polo bañiño de Arcos, e fomos ata Pol de Piteira, onde nos agardaba a protección civil con auga e mazáns... Un menú nada opulento, pero suficiente, e moi acorde cos tempos actuais de sobriedade no gasto público.
Despois seguimos camiñando, cruzamos por enriba da vía do Ave, e viñemos por Paciños de cara Carballiño. Chegamos arredora da unha, con tempo de abondo para ducharnos e para xantar na casa.
Foi un día fermoso...
Camiñar é unha actividade moi facil de facer, e de organizar... Non se precisa un equipo costoso... Os camiños son de balde... E pódese compartir con persoas de calquera idade, sexo, raza, relixión, ideoloxía política... Pódese falar mentres se camiña. E se un quere silencio e soidade tamén pode quedarse un pouco para atrás e camiñar calado, escoitando a música da natureza e o latexo dos propios pensamentos...
Camiñar é facil e saudable. Segrega serotonina. E axuda a sentirse ben física e mentalmente... E se queredes comprobalo non tedes mais ca vir a andar cos rillamillas, cada quince días, os domingos pola mañán, aparecendo (sen necesidade de apuntarse previamente) ás nove e media da mañán na estación de autobuses do Carballiño... E non tedes que pagar nada porque ¡CAMIÑAR COS RILLAMILLAS É GRATIS!...
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa