Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
XENTILICIOS
Elías Domínguez Prieto, o día 9-3-2003 remitiume o seguinte traballo relativo ós xentilicios do Concello de Laza:
Xentilicio procede do latín (gens, gentis = xente e licio, vulgarización de locus, loci = lugar) refírese por tanto a nome que se lle da á xente do lugar. Son os nomes patrios ou tamén, según outros autores nomes étnicos.
O xentilicio contén o significado lexical locativo máis os pertinentes morfemas gramaticais de xénero e número (camb -és másculino singular, camb -es -a femenino singular, camb-es -es masculino plural, cambesas femenino plural) ou vocábulos derivados formados pola raíz máis un sufixo derivativo que contén, ou pode ir seguido -según se interprete- dos xa citados morfemas categoriais (albergueri -ense). Ás veces poden estar formados por composición (cimadevil -ense, souteloverde -nse). Tamén poden estar formados por derivación (preirés, oriúndo do pobo do Pereiro).
Os sufixos xentílicos máis usados son: -o/-a (ruso, rusa), -es/-esa (francés, francesa), -ano/-ana (africano, africana), -ino/-ina (fonsagradino, fonsagradina), -án/á (ferrolán, ferrolá), -ao/-á (caldelao, caldelá), -án/-ana (catalán, catalana), -iño/-iña (biscaiño, biscaiña), -ón/-ona (bretón bretona), - iano/-iana (hawaiano, hawaiana) , -eiro/-eira (brasileiro, brasileira), -eño/-eña (portorriqueño, potorriqueña), -ego/-ega (manchego, manchega), -aco/-aca (austríaco, austríaca), -aro/-ara (húngaro, húngara), -io/-ia (fenicio, fenicia), -eo/-ea (europeo, europea), -eu/-ia (xudeu, xudía), -asco/-asca (monegasco, manegasca), -ol/-ola (español, española) - /-a (andaluz, andaluza). -ita (israelita,saudita, moscovita). -ata/ota (croata, chipriota). -eta (lisboeta). -arra (donostiarra). -ista (paulista, de Sao Paulo). -í (saudí, andalusí,...) ten certa acepción de partidario dun grupo máis que de orixinario de.
Os sufixos derivativos que, ó seren engadidos á raíz (normalmente un nome propio) producen unha nova palabra (adxectivo) e modifican o contido semántico da base no sentido de "relativo a", "referente a", "de" reciben a denominación de sufixos xentilicios ( -és, -ense, -iense, -nse). Os sufixos xentílicos -ense, -nse eran invariables en canto a xénero polo seu orixe erudito tamén se emprega para referirse a periodos prehistóricos (o sufixo -és é máis popular), ainda que na actualidade se están admitindo as variacións de xénero por razóns obvias. Estes sufixos proceden do latín -us (referido a persoas) -icus (facía referencia ás cousas relacionadas con eses pobos ou persoas).
Así, cerdedelés fai referencia á xente de Cerdedelo; cerdedelense faría referencia ás cousas do pobo ou da xente de Cerdedelo, por exemplo "castañas cerdedelenses", non se debería decir "castañas cerdedelesas", como tampouco sería correcto referirse a unha persoa como cerdedelense, pois conferiríaselle caracter máis inanimado. De todas maneiras últimamente acéptanse ambos términos referidos tanto a persoas como a cousas. Estes sufixos ( -és, -ense, -nse) empréganse con caracter diacrítico ou diferenciador no caso de pobos con nomes moi parecidos como pode ser Carraxo e Carraxó, reservándose carraxense para os habitantes de Carraxo e carraxés para os oriúndos de Carraxó por ser ambas terminacións agudas. Un sufixo xentílico menos común pero tamén válido é -eño que soe utilizarse cando o topónimo remata en vocal acentuada (Matamá, matam -eño) Como sustantivos os vocábulos con sufixo xentilicio denotan idea de "natural de", "habitrante de", "oriúndo de", "pobo de", "lingua de".
Outros sufixos non facilmente adaptables ós topónimos do noso concello son -ao, -á son moi comúns noutros concellos de Galicia, incluso nas nosas proximidades (queixelao, queixelá, oriúndo de Queixa; caldelao, caldelá, oriúndo das terras de Castro Caldelas; limiao, limiá oriúndo da Limia) son máis utilizados para facer referencia a bisbarras ou parroquias. Outros sufixos xentílicos como -eño (madrileño) son propios do castelán e moi pouco correntes en galego e de moi dificil adaptación ós topónimos do noso concello. Outro sufixo xentilico tipicamente galego -eiro (rianxeiro, betanceiro) ten unha certa acepción máis profesional (ferreiro, fontaneiro, caixeiro,...) que xentilicia. Outro xentílico moi común é -ino (fonsagradino) pode empregrase no noso concello para Trez por soar mellor que trezao, trezeño, treceiro ou trecense.
De todas maneiras poderíaselle dar a elexir ós habitantes e/ou nacidos en cada pobo o xentilicio que máis lles gostaría.
Normalmente a base nominal é un topónimo (cambés, oriúndo do pobo de Camba).
Compre tamén aclarar que existen na lingua outros medios para expresar procedencia xeográfica coma o uso da preposición de + topónimo polo que non hai necesariamente xentilicios para tódolos topónimos, pero existe sempre a posibilidade de crealos e de que acaben tendo aceptación xeral. Probas desta facil aceptación hainas en tódolos idiomas, incluido o galego, onde non fai falla máis que lembrar o caso de alaricano, hoxe empregado sen reparos por moitos xornalistas e profesionais que descoñecen a súa pésima formación. O invento en cuestión foi construido por un erudito local sobre un hipotético, ainda que falso antecedente do actual Allariz (Alaric -us) máis o sufixo culto -ano. Nos meus recordos non figura ter escoitado estes nomes referidos ós habitantes dos pobos veciños, pero sí ós naturais de Camba. Sempre oín: os de Toro, para referirse ós nacidos no pobo do mesmo nome, os de Cerdedelo, os de Laza, ... Buscado nos distintos diccionarios etimolóxicos podemos aceptar como válidos os que relaciono a continuación, seleccionados ó amparo das normas gramaticais formativas de xentilicios, pero sobre todo co cariño que eu lle teño a estes pobos e a esta xente, a miña xente; pois non topei en ningún diccionario de xentilicios e topónimos os referidos ós pobos do noso concello.
Alberguería: albergueriés, albergueriense
Arcucelos: arcucelés ou arcucelense
Camba: cambeses, cambenses.
Carraxo (latín Carraxum): carraxenses
Carraxó (latín Carraxium): carraxés
Castro: castrés, non se aceptaría castrense por confundirse coa terminoloxía militar.
Cerdedelo: cerdedelés ou cerdedelenses,
Cima de Vila: cimés ou cimadevilense
Correchouso: correchousés, correchousenses
Eiras: eirés ou eirense
Laza: lacense, millor a forma culta que a popular lacés
Matamá: matameño, tamén válida a forma matamense, pero non a popular matamés
Navallo: navallés ou navallenses
Neviaus: neviés ou nevienses
Pereiro: preirés. Forma coñecida en Camba ata o punto que había unha familia que lle chamaban "os do preirés" por ser descendentes dun oriúndo do pobo do Pereiro.
Retorta: retortés ou millor a forma erudita retortense
Soutelo Verde: soutelés, souteloverdés ou souteloverdense
Souteliño: souteliñés ou souteliñense
Tamicelas: tamicelés ou tamicelenses
Toro: torés ou torense
Trez: trecinos
A modo de conclusión podemos acordar que a forma máis correcta é a rematada en -és pois a rematada en -ense, -iense, -nse é máis culta e debe empregarse para referirse ás cousas dos pobos ou das persoas, pero non ás propias persoas, salvo os casos de Matamá e Trez. Engadir tamén que a terminación -es resulta ser o sufixo xentílico máis específico da zona oriental de Galicia, onde nos vivimos, a diferencia de -á/-ano (ferrolá/ferrolano) máis propio da zona costeira.
Ourense a, 9 de marzo de 2003
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa