Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

O CONTO DAS VIMIAS

Remitido por Elías Domínguez Prieto.

Érase que se era un home que tiña unha chousa onde había moitos vimieiros. Os homes das vilas dos arredores querían as súas vimias para atar as vides e para facer cestos nos que recoller as uvas cando vendimaban. Os poderosos das vilas só lle permitían cambiar as vimias por uvas, pero non por diñeiro ou por outros enseres. O home tiña ós fillos esfameados e enfermos, pero non podía facer máis. Certo día que o home ía cun feixe de vimias, os poderosos dixeron: "a por el, que ten armas de destrucción masiva". Armáronse de paus e de pedras e atacárono para poder sacarlle as vimias "pola cara". Os poderosos ben sabían que non tiña fouce para cortar as vimias, tan só unha navalliña pequena coa que se defendeu do da chousa veciña que era amigo dos poderosos. O home non usou a fouce porque non a tiña, ensinoulle a navalla ó veciño. Os poderosos apedreárono e mallárono a paus, as pedras ainda lle arrearon ós seus fillos enfermos e desnutridos. Algúns poderosos sabían que non tiña "armas de destrucción masiva", pero non podían enfrentarse ós outros poderosos, non tiñan coraxe de defender a un indefenso, resultaba máis facil esquencer a ética e aporveitar algunhas vimias que lle poideran tocar. Na intimidade recoñecían que non estaba ben o que fixeran, no seu profundo, pero moi profundo, ser sentían a dor dos paus e das pedras cando lle arreaban ó home e ós seus fillos, pero diante dos outros matóns decían con falsa moral que había que evitar un cataclismo, pensando para os seus adentros "causando outro maior". POLA PAZ UNIVERSAL. NON A GUERRA

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador