Galicias.com: unha casa para todos

COMERCIOS DO CARBALLIÑO
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

O PROCESO DO LIÑO EN CAMBA

 

Nos anos cincuenta do século XX Camba era un pobo que vivía nunha autarquía prácticamente total. Non había carretera, nin coches, nin teléfono, .... A maioría da xente pasaba o ano enteiro sin saír de Camba. Non había prácticamente ningún tipo de comercio nin de intercambio con outros pobos. Camba producía case que todo o que precisaban os seus veciños para vivir. Eran moi poucos os productos que se mercaban: soio o azúcre, un pouco de chocolate, algo de aceite, o viño, ... e poucas cousas máis. En Camba producíanse os alimentos precisos: o pan (de centeo, por suposto), as patatas, o leite, os ovos, a carne (principalmente de porco), as berzas, os navos, ... ; a bebida principal era a auga, que había en abundandia, gratis e de moi boa calidade; as casas facíanse con pedras dos montes de Camba, con trabes e puntós de madeira de castiñeiro, e con lousa arrincada na serra de Camba (nun lugar chamado, ¡cómo non!, "a Louseira"). Soio era preciso mercar as puntas. E no tocante ó calzado e ó vestido ... tamén se arranxaba dentro do mesmo pobo case todo. Había homes que sabían facer os zocos. E para vestir usábase principalmente o liño, que se cultivaba e tecía tamén en Camba. Desto é do que agora imos falar.

En Camba non había cartos para mercar a roupa nin tampouco había tendas onde podela mercar. ¿Solución?. Fabricar alí a roupa. ¿Con qué materia prima?. Básicamente coa lá das ovellas e co liño.

As ovellas rapábanse unha vez ó ano e a lá lavábase no río, e logo fiábase, e con ela facíanse estupendos xerseis, calcetíns, e outra roupa de abrigo.

E co liño facíanse camisas, sabanas, manteles, e outras moitas cousas.

O proceso do liño desenrolábase íntegramente no pobo, dende a sementeira da pranta ata a confección da roupa.

Estas son as principais fases do longo e laborioso proceso do liño:

    1. A preparación da terra.
      O primeriro que se fai é preparar ben a terra na que se vai sementar o liño. Búscase unha terra boa, podendo ser chaira, e que se poida regar. Árase, botábase esterco de vaca, e volvese arar as veces que faga falta, e agrádase as veces que cumpra, hasta que a terra queda ben desfeita, coma se fose fariña. Non pode verse nela ningún terrón nin herba mala.
    2. A sementeira.
      Cando a terra está ben preparadiña, seméntase a liñaza (que é a semente do liño, unha semente moito máis pequena que un grau de centeo e un pouco máis grande que a semente dos nabos). A sementeira faise á mau, á manta. Despois de sementar deixase de novo a terra ben llaniña, sin sucos.
      A sementeira faise polo més de abril ou maio, según veña o ano.
    3. Coidados na medra. Regar.
      Despois de que nace a pranta do liño, hai que regala tres ou catro veces. E hai que mondalo á mau para quitarllelas malas herbas.
    4. A colleita. Arrigar.
      Faise cando a planta ten unha cor dourada, antes de que maduren moito as sementes. Normalmente no mes de setembro. Arráncanse as prantas, sacúdeselle a terra, e déixase en gavelas hasta formar un feixe.
    5. O ripado.-.
      Os feixes lévanse para a eira. E despóis cóllese o liño ás madas e rípase no ripo para quitarlle a "bagaña" ou cásula na que se atopa protexida a liñaza. As "bagañas" ou "vagarotas" póñense a secar ó sol, e logo penéiranse enriba dunha manta ata que lles caen as sementes. Coas sementes pódese facer o aceite de liñaza; pero parte delas hai que gardalas nunha tania (ola de barro, que se mercaba en Maceda) para sementalas ó ano seguinte.
    6. O enriado.
      Despóis de ripado, o liño vólvese atar en feixes e lévase ó río, meténdoio na auga durante quince ou vinte días, cunha pedra enriba para que non o leve a corriente. Despois sácase do río, esténdese na chaira dun lameiro, e sécase ó sol.
    7. O mazado.
      Cando o liño está de novo ben seco vólvese a traer para a aira, e procédese a mazalo e a restrollalo cun rebolo de madeira (mazo) para desprenderlle as impurezas.
    8. O delubado.-.
      Despois ven a deluba das estrigas, que consiste en coller un par de feixes (estrigas) polos extremos, e frotalos con forza ata conseguir que o liño esponxe; despois hai que separar a parte leñosa da que serve para fías, atándose éstas en feixiños de 18 unidades, se chambaban afusal ou meada (medida de peso e comercio do liño). Os afusais gárdanse nas palleiras, para que secen ben.
    9. O espadelado.
      Xa ben entrado o outono viña o tempo de espadelar o liño, separando a estopa (gorda), a estopilla (un pouco máis fina), e o liño (que era o máis fino de todo). Para espadelar precísase un espadeleiro (táboa sobre a que se fixa outra perpendicular, co borde superior afiado) e unha espadela (unha especie de macheta de medeira). Espadelar consiste en golpear coa espadela as estrías postas no fío do espadeleiro, para sacarlle as fibras malas do liño e amansalo.
    10. Tascar. Asedado.
      A materia boa táscase ou asédase no restrelo ou pente de asedar (una especie de cepillo con cravos de punta moi fina, que se pon nun banco, cara arriba; crávanse os feixes de liño e dáselle un forte tirón cara un; o que queda nos dentes -tascos e fibras- forma a estopa). .
    11. O fiado.
      No fiadoiro xúntanse as mulleres para facer o fío e os mozos para rondar as mozas e todos eles para divertirse ó mesmo tempo que se traballa. Da estopa e da estopilla fanse as manelas. E do liño fanse as estrigas. Para este traballo usánse os fusos e as rocas. Colócase a meada na roca e vise tirando pouco a pouco para ir formando o fio que logo se enrola co fuso.
    12. O ensarillado.
      O sarillo é un trebello de madeira, en forma de cruz, que se move ó redor dun eixo. No sarillo vanse enrollando os fíos para facer as meadas. Despois as meadas lávanse, e cócense en cinsa e xabon para que blanqueen ben. Póñense ó sol para que rematen de blanquear..
    13. O devanado..
      Despois coa devanadoira o fío devanábase para facer os novelos.
    14. O tecido.
      O fio dos novelos pásase pola urdideira, para urdilo, e logo lévase ó tear, para tecelo, e de alí sae xa a tea ou peza de lienzo que logo se corta según se precise e despois se cose para facer a roupa.

 

(Marcelo Nuñez e Juan Rúa fixeron este pequeno resumo do que unha tarde lles explicou en Camba a Señora Concha do Gemán)

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador