Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
FUTURO DE CAMBA
Camba albisca
escuros séculos
de incerto futuro,
de calmada paz,
de fonda soidade,
de monte sin res,
de casas sin xente,
de fincas sin pan,
sin berzas, sin nabos,
sin patacas, sin ... nada.
Esmorecerá no tempo,
no monte e no aire,
no vento, no trono,
no ceo e na auga.
Quedará de ti
un fondo recordo
en corazón cambés,
en fotos, en libros,
en voces de historia
nos contos de vellos
nacidos eiquí
que viven lonxe,
que morren fora
que voltan frios
ó teu regazo.
Camba albisca
longo tempo
de olvido certo,...
de inexistencia.
Esmorecerá no tempo,
no leve recordo
de mentes que oiron
apaixoados contos
de vellos cambeses
nacidos eiquí,
que viviron lonxe,
que morreron fora,
que voltaron frios
ó teu regazo
Quedará de ti
un lene recordo,
un nome no mapa,
nun libro, no monte,
no ceo, no aire,
na neve, no vento
que move as gallas
dos castiñeiros
comidos do tempo,
das silvas, das xestas
das uces,...
do lume.
¿Qué quedará de ti?
(Camba, 23-12-2000)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa