Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
O forno, o pan e o amor.
Esta foto foi feita o 30-10-2004,
pola tarde, despois de comer. Diante do forno. O forno é esa casa de
planta baixa que está detrás do grupo. Esa casa que garda dentro
mil historias de amor, de soños, de esforzo, de loita e de vida, ...
Mil historias dos nosos devanceiros.
Cando eu era pequeno (alá polo anos sesenta do século XX) ainda
se cocía o pan nese forno. Cada mes tocáballe a un veciño
diferente a tarea de quentar o forno, á ronda. O veciño ó
que lle tocaba traía moita leña de uces e queimábaa dentro
do forno ata que as pedras se puñan de color blanco. Despois barríase
a cinsa e cando todo estaba ben limpo metíase o pan dentro, para que
cocese. Cando estaba cocido sacábase e tocaballe a ronda ó seguinte
veciño. Pero este xa quentaba o forno con moi pouca leña, pois
a segunda vez estaba moito máis facil de quentar que a primeira. E
segúiase a ronda ininterrumpidamente. Cocíase de día
e de noite, sin parar, para non deixar enfriar o forno.
Antes de meter o pan no forno había
que amasar a fariña con auga e botarlle un pouco de lévedo.
Así fermentaba na artesa. E logo facíanse os bolos de masa que
se metían no forno para que cocese. Este traballo de amasar era normalmente
cousa de mulleres mentras que a tarefa de quentar e barrer o forno correspondíalle
ós homes.
E mentres un veciño cocía o pan o seguinte xa estaba amasando
para preparar a fornada seguinte. Así no forno xuntábanse varios
familias ó mesmo tempo convertindose nun lugar de reunión e
relación social.
E logo aquel pan CENTEO gardábase nunha arca, na bodega, e podíase
comer durante un mes. Eu creo recordar que nos cócíamos máis
ou menos trinta pas, un para cada día.
E ó mes seguinte, volta a empezar. Daquela o "pan trigo"
soio se comía no día da festa.
O forno era un lugar imprescindible para facer o pan para poder comer, vivir
e subsistir. Pero o forno era tamén en certo modo un lugar de troula,
reunión e relación social.
Logo veu o "progreso". E deixouse de cocer o pan no forno. E pasouse
a comer pan trigo a diario. Viña un panadeiro de Matamá pola
noite, un día sí un día non, e traía o pan nun
Land Rover. Esto parecía un pouco máis prosaico. Pero a mocedade
discurriu a forma de facelo interesante recuperando o rito do pan como fonte
de relación social. O panadeiro de Matamá viña pola noite
a unha hora incerta e os mozos baixabamos para o fondo do pobo e xuntábamonos
nunha escaleira onde xogábamos e falábamos mentras esperábamos
o pan. E nestas esperas frolecían verdadeiros momentos de felicidade.
¡Se as pedras falaran poderían contar moitas historias de xogos,
coqueteos, amizades, cariños e beixos roubados ... mentras se agardaba
a chegada do pan!. Esto acontecía na década dos anos setenta
do século XX. Cicáis seguiu pasando nos anos oitenta.
Aquí nesta escaleira houbo moitas tertulias. Aquí esperaban os mozos e mozas ó panadeiro de matamá, e, namentras esperaban, falaban, xogaban, e namorábanse. ¡Ai se as pedras falasen!!!! ... cantas cousas fermosas poderían contar!!!!....
Durante moitos anos o forno
quedou esquecido. Foi patria ceibe para ratos e arañas.
Pero a vida da moitas voltas. E un bó día algén acordou
recuperar o forno como lugar de reunión. Creo que foi unha idea fantástica.
Arranxouse. Puxeronse bancos e mesas. Incluso unha estufa. E alí se
xunta a xente para botar a partida e para parolear un pouco. Alí a
xente fala e relacionase cos seus amigos e veciños. Alí rexurde
de novo a semente da eterna ledicia. Alí se coce agora o pan espiritual
da amizade. Cicais o forno é hoxe o corazón de Camba.
Hoxe no forno reúnense os adultos de Camba. ¿Onde se xuntan hoxendía os mozos de Camba? No inverno xuntanse cicáis en Ourense, en Barcelona, en Bos Aires, ou en Sao Paulo .... Pero non en Camba. ¿Por qué? Porque en Camba ¡no inverno xa non quedan mozos!. O mes de agosto é outra cousa. E moitos volven en busca da fonte segreda de ledicia que hai en Camba. Pero esto é segredo e non se lle pode contar a naide.
Pero como a vida da moitas voltas .... moitas voltas .... moitas voltas .... cando o xénero humano descubra que é mais importante a ledicia que o "progreso" ... cando ese día chegue ¡Camba volverá a ter mozos!.
(Juan 1-11-2004, día de tódolos Santos)
COMENTARIOS
Teresa, filla de Isauro, un home nacido en Camba, dende Campinas (Brasil), leu este escrito e fixo este fermoso comentario, o mesmo día de tódolos Santos do ano 2004:
Querido Juan:
meus olhos encheram-se de lágrimas lendo o que você escreveu
sobre o forno, o ritual de fabricação de pães e como
tudo isso fez parte da sua história, da história de nossos pais,
de nossos avós. A primeira vez que vi o forno estava abandonado, sujo,
ninho de aranhas e formigas.
Mesmo naquela primeira vez, ouvindo meu pai me explicar como era feito o pão,
fiquei emocionada, imaginando como as mulheres de Camba, muitas metidas em
roupas negras, passavam o dia na fabricação do pão que
depois iria para a mesa e seria partido com as mãos.
Imaginei como os sonhos de moços e moças iam sendo construídos
junto ao calor do forno, como as pessoas se encontravam...
Depois, quando o forno foi recuperado e virou ponto de encontro do pueblo
novamente, outra vez voltei a sentir naquele lugar a presença de antepassados.
Imaginei minha avó fazendo a massa, aquecendo o forno, e assando o
alimento que iria durar todo o mês. Uma noite, meu pai, eu, Andrés,
Paquita, os pais de Elias (José Maria e Feliciana) nos metemos no forno
para conversar. Feliciana fez o pão (na casa dela), André providenciou
generosa quantidade de polvo (pulpo) e alguém trouxe o vinho. Ficamos
lá dentro durante horas contando histórias.
E agora, quando leio o que você escreveu e vejo a coincidência
de sentimentos em relação aquele forno, volto a me emocionar
por estar em contato, novamente, com alguém que viveu aquelas histórias
que eu apenas sonhei.
Teresa.
Elias, un insigne home nacido en Camba, dende Ourense, leu tamen este escrito e fixo un fermoso comentario, o mesmo día de tódolos Santos do ano 2004. Parte dese comentario reprodúcese seguidamente:
No forno cocíanse
varios tipos de pan: a soprica (súplica) que era un pan máis
delgado. A pariñeira que levaba ovos e leite. A lareta que se cocía
na borralla. Tamén se facían empanadas e se asaban carnes. Os
mozos ían pasar as veladas no forno, nas proximidades do carnaval,
e tamén outras noites de inverno adicábanse a esvarar na neve
ou a correr cos chocallos, mollábanse e logo íanse secar ó
forno, moitos deles metíanse no "capelán" para que
lle pasara o frio. Nunha destas ocasións queimaron o forno (1958),
ardeu o edificio enteiro e entre os culpables estaban meu irmau e Venancio,
o pai de Rosita, por elo meu pai e Cayetano tiveron que reconstruir o forno,
e non había quen lle explicara as medidas que tiña que ter o
capelán, tiveron que ir a medir os fornos doutros pobos ata que toparon
as debidas proporcións, pois de non telas, ou non quecía ben
o forno ou si quecía demais despois queimaría os pans.
Outra anécdota do forno é a de Raquel, que estaba durmindo mentras
cocía o pan e súa mai chamouna para que levara o pan á
casa e ela, medio durmida, pensou que tiña que ir por auga a fonte
e alá marchou co cesto do pan. Cando o pousou na pousadoira da fonte
espertou co ruido da auga e co medo que levou ó verse de noite na fonte
votou a correr e alá quedou o cesto do pan ata que o seu irmau José
o foi buscar.
Elias.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa