Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

DIARIO DUN PASTOR

         Non sei moi ben o que pode sair de aquí. En principio estou pensando inventar un pastor imaxinario, un neno que nace en Camba arredor do ano 1.960 e que vive e medra alí.  E así ir contando pouco a pouco cómo era a vida en Camba ó longo dos derradeiros corenta anos do século XX.

DANIEL 

 

1.- Cando naceu Daniel ....

        Daniel veu ó mundo no mes de febreiro do ano 1.960. Non se sabe moi ben o día que naceu. Contan algúns que naceu o día 1, pero que como había moita neve o seu pai non pudo baixar a Laza para apuntalo no Rexistro Civil ata o día 15 e que o bó do encargado lle aconsellou que o apuntase como nacido o día 7 porque se pasaran mais de oito días dende que nacera ata que o fora rexistrar tiñalle que abrir un expediente e poñerlle unha multa. Esto contan, ainda que naide sabe a ciencia certa se é verdade ou non. En calquera caso o que sí é certo é que Daniel naceu oficialmente o día 7 de febreiro de 1.960. E o curioso é que según os libros da Eirexa foi bautizado o día 3 de febreiro do mesmo ano. Do cal resulta, ¡claro está!, que oficialmente foi bautizado catro días antes de nacer; algo que non deixa de ser curioso. 

        Cando Daniel naceu non había en Camba luz eléctrica. De noite o lume da lareira era ó mesmo tempo fonte de calor e de luz. E arredor del podíanse pasar moitas  horas falando sin precisar de ningunha outra fonte de luz. Para ir á palleira a buscar herba ou para ir ó curral a botarlle de comer ó gando usábanse os “gancios”: trochos de uces secos, que se untaban non sei moi ben con qué, e os que se lle prendía lume por unha punta collendoos coa mau pola outra punta; e mentras ardían daban luz. O que pasa é que duraban pouco.

Tamen había en cada casa alomenos un candil ou un farol. Esto do farol era un gran invento pois era como unha pequeniña caixa de cristal que tiña dentro un candil e que tiña unha porta que se abría para poder prender o candil e que logo se cerraba. Tiña un respiradeiro por arriba; e tamén unha asa para collelo. E como estaba cerrado podía arder ainda que fixese vento. O do farol, dende logo, supuxo un gran adianto técnico como fonte de iluminación.

En canto ó candil tiña unha pavesa que era onde se prantaba o lume e que ó arder alumeaba; estaba untada con gas, que era o que a facía arder. O farol e o candil eran tan importantes nunha casa como pode ser hoxe o televexo ou o DVD.

Daniel naceu en casa, de noite, no escano da cociña. A sua mai cando viu que se empezaba a por de parto preferiu quedar na cociña que irse para a habitación, porque na habitación entraba o frío polos buratos do chau e das paredes, ... e no mes de febreiro, e con todo nevado, ... non parecía moi boa idea que o neno viñese ó mundo entre tanto frío. En troques na cociña, ainda que tamén había buratos, ... ó ter o lume aceso na lareira, o frío non era de coidado.

E no escano estábase ben: era grande,  e botándo unha manta por debaixo, non era mal sitio para parir.

Cando os dolores foron a máis o pai de Daniel foi chamar pola Josefa do Gumersindo para que viñese atender o parto. Ela era a muller mais mañosa que había no pobo para estes menesteres.

E abofé que o facía ben. Soi precisaba unha toalla limpa, un pouco de auga quente, e unhas tixeiras para cortar o cordón umbilical. Todo o demáis era obra das súas maus e dos seus consellos.

En Camba daquela non había médico, nin moito menos xinecólogo. Nunca se oira falar de tal cousa. Para ir ó médico había que andar cinco kilómetros a pé ata chegar a Cerdedelo e logo dende alí coller o tren para ir ata Baños de Molgas. O médico de Molgas tiña moita sona, non sei moi ben se porqué.

E para ir ó médico había que ter unha enfermedade moi grave, porque se a enfermedade era leve non tiña conto ir a gastar o tempo e os cartos e as forzas en ir ó médico (aparte de que podía ocurrir que o que estaba enfermo leve acabase poñéndose grave por mor da mesma viaxe). O que pasa é que se a emfermedade era moi grave entón xa non había folgos para ir ata Molgas ó médico. Facía falta unha enfermedade que fose grave e que o mesmo tempo fose de tal natureza que o enfermo poidese viaxar ata Cerdedelo a pé ou dacabalo dun burro e logo ata Molgas no vello tren de madeira. ... Vamos que ir ó medico era cousa realmente pouco frecuente.

E menos frecuente aínda era que viñera o médico a ver o enfermo. Había que chamalo. ¿Por teléfono?. Por ... ¿qué? ¿teléfono? ¿Qué cousa é eso?. Lóxicamente naqueles tempos non había teléfono en Camba, nin en Cerdedelo, ..... Nin naide soñaba con que algún día podería chegar a habelo. É máis a maior parte da xente de Camba non sabía nin qué era o teléfono nin para qué servía. Para chamar o médico había que coller o burro ou a mula, montar a cabalo, e viaxar ata onde estaba o médico. E logo él, se podía, viña o máis pronto posible. Viña a cabalo, normalmente; co seu maletín. Ollaba ó enfermo. Auscultábaio. Dáballe algún remedio e algunhas menciñas. ... Pero se viña o médico normalmente era moi mala sinal. Cicais se trataba dunha pulmonía. Ou de calquera outra cousa incurable. Probablemente a maior parte dos enfermos que eran visitados polo médico non tardaban en morrer.

Por certo, ¿sabedes por qúe o médico nunca viña a Camba en coche??. Moi sinxelo. Poque non había carretera. De camba a Cerdedelo había un camiño de carro, polo que non pasaban os coches. E menos en inverno.

Ben. Todo isto viña a conto de que no parto de Daniel non houbo ningún médico. Como tampouco o había en ningún outro parto. En Camba os nenos naceran sempre na casa, de “parto natural”, como nacían os becerros, os años ou os cabritos. Cando chegaba a hora saían da barriga da nai por onde tiñan que sair e punto. Se ben para facer o nacemento mais sinxelo e levadeiro estaban as parteiras. E a millor parteira de todas era a Josefa do Gumersindo.

Cando a Josefa tuvo a Daniel nas súas maus soupo inmediatamente que aquél neno ía a ser alguien impotante. ¡Tiña unha cabeza tan ben feitiña!. Aquel meniño, se Deus lle daba saúde, íba a ser un rapáz moi listo. Podía chegar a ser un labrego distinguido, podía chegar a ser o pedáneo do pobo, ou cicáis podía chegar a ser maestro, crego ou médico, ... ¿quén o sabe?. Claro que nacendo en Camba era moi dificil chegar a estadiar máis alá das catro reglas. Pero, ... ¡podía ocurrir un milagro!.  ¡Claro que sí!. 

Cando naceu Daniel había unha nevada moi grande. As vacas xa levaban un mes sin sair ó monte. As cabras e as ovellas saían de cando en cando para comer as puntas dos piornos que sobresaían por enriba da neve. E as vacas comían herba seca no curral; e pola tarde saían para ir a beber ós carcos da Fonte, e logo voltaban para a corte outra vez.

Había case que un metro de neve e para andar polas rúas e camiños facíanse as rotas, pisando a neve, e arredándoia con aixadas e palas, para que quedase un estreito sendeiro aberto por entre a neve amontoada nas veiras.

A neve pillara ó maestro en Camba, polo que a escola seguía funcionando. O maestro vivía na mesma casa da escola. E os nenos baixaban pola calle abaixo, erbarando cos chancos coma se foran destes modernos patíns en línea que hai agora. Para non pasar moito frío, no medio da escola había un braseiro. Estaba feito con un balde vello, de lata, no que se prendía o lume no fondo, con uces e con carbón. E logo mais arriba fixeranlle ó balde buratiños redondos para que correse o aire e para que o lume ardese millor.

Pero a Daniel todo esto, de momento non lle preocupaba. De entrada él soio quería comer e durmir. Como fan tódolos bebés do mundo; incluso os dos ricos, que, ó parecer, tamén comen, dormen, ...etc.

Como é lóxico non hai ningunha foto de Daniel cando naceu, nin tampouco de cando era bebé. Naide tiña nin soñara con ter cámara de fotos en Camba. E o fotógrafo viña a Camba ainda con menos frecuencia que o médico. O fotógrafo e o Sr. Obispo soio viñan cando había que vir. O Sr. Obispo para confirmar ós rapaces cada cinco ou seis anos unha vez, e o fotógrafo cada catro ou cinco anos, para facerlle fotos a todos os que llas podían pagar.

A primeira foto de Daniel fíxose o día da súa primeira comunión, cando xa cumprira os sete anos. Lóxicamente a primeira comunión de Daniel non era razón de peso suficiente para ter que chamar ó fotógrafo. Pero cuadrou de haber daquela en Camba un cura moi apañado, que tiña cámara de fotos e ¡sabía usala!. E con ela fixolle fotos a todos os rapaces que fixeron a primeira comunión. E Daniel ainda conserva unha foto dese día; conservaia como a xoia mais querida que garda da súa infancia. (Por certo, é curioso que hoxendía (no ano 2003) non se poden facer fotos de primeira comunión en Camba. ... ¿Porque non hai máquinas de fotos????. Non. Non por esto. Hoxe seguramente xa hai en Camba xente que ten máquina de fotos. E ainda que non a houbera, non sería moi dificil conseguir unha. ... ¿Entón....?. Pois, hoxe non se poden facer en Camba fotos de primeira comunión ... porque ... ¡non hai rapaces!. ¡Hoxe en Camba non hai rapaces!).

2.- Os pais de Daniel ....

Os páis de Daniel non eran ricos, lóxicamente. Pero tiñan cinco vacas, sete lameiros que daban en total quince carros de herba, e unhas cantas leiras para sementar pan e patatas. Vamos, que tiñan traballo de abondo, e case que nunca pasaban fame. Criaban tres porquiños que eran a riqueza da casa. Os xamóns case sempre había que regalalos por algún compromiso. Pero quedaban os touciños, e a cachucha,  e os chourizos, e o unto e a soá para facer o caldo... Un porquiño da moito.

Ademáis os pais de Daniel tiñan duas vacas a medias en Cortegada. Facía tres anos que Pepe, un home de Cortegada, casado en con dous fillos, viñera a Camba; era un home que non tiña cartos dabondo para mercar unha vaca, e veu a Camba para buscar alguien que lle dera unha vaca a medias; o pai de Daniel deulle duas vacas en lugar de unha, decíndolle, "mira Pepe, con unha vaca soia non fas nada, pois non che sirve para traballar; levas estas duas que son novas e de boa raza; xa están mansas, saben levar o carro, e saben arar; pódelas xunguir e traballar con elas; fainche falta duas para formar unha xugada". O trato das vacas a medias era desta maneira: O pai de Daniel puña as vacas. E Pepe levábaias sin ter que pagar nada. Pepe tiña que coidalas e darlles de comer, e a cambio podía traballar con elas e comerlle o leite que deran. En canto as crias que trouxeran, cando se vendesen, os cartos repartíanse a medias entre Pepe e o pai de Daniel. Se Pepe quería quedarse con algunha becerra para criala, púñaselle un valor, e Pepe tíañalle que pagar ó pai de Daniel a mitai dese valor. E se algún día se vendían as vacas, se daban ganancia repartíase a medias entre os dous, e se daban perda facíase o mesmo.

O Pepe de Cortegada coidaba moi ben as vacas. E éstas guiabanse moi ben: tódolos anos traían cada unha o seu becerro. E deste xeito, sin levar traballo ningún, os pais de Daniel recibían cada ano os cartos de un becerro, ou a mitai dos cartos de dous becerros, que ven sendo mais ou menos o mesmo.

Claro que os pais de Daniel tiñan xa outros dous fillos, e tamén dous tíos xa velliños. En total, sumando ben, e contando a Daniel, eran sete bocas que manter. Pero coa axuda de Deus todo se iba arranxando.

Daniel medraba e todos estaban moi contentos na casa. Pero .....

Tiña Daniel oito meses cando a súa mai se puxo mala. E, sin que dese tempo a chamar o médico, morreu.

De repente a vida de Daniel, dos seus irmaus e do seu pai pesentouselles moi negra e dificil. Parecía imposible poder sair adiante. Unha viuda pode criar uns fillos, ainda que sean pequenos. Pero ... un viudo ¿?.

Mais, é ben certo que Deus sempre da a manta a según é o frio. E para todo hai remedio. Cando morreu a mai de Daniel todo o pobo empezou a axudar ó seu pai, cada un co que podía; principalmente a familia; unha tía de Daniel fíxose cargo del e axudou a crialo mentras foi pequeno; outra tía recollía todos os meses a roupa na casa de Daniel para levala ó río ou ó lavadero, para lavala. E os irmaus de Daniel, como xa eran mais grandiños, tamén traballaban e axudaban no que podían. O pai tamén, lonxe de deprimirse, reaccionou traballando mais ca nunca para sacar a familia adiante; aínda que non podía entendelo, decidiu pensar que se era así a voluntade de Deus, o millor era aceptar o que pasara, e seguir adiante, pois non había tempo para andarse con tristuras. Había que coidar ós tres fillos e darlles de comer.

Nestas cousas nótase moita diferencia entre a vida dos pobos e a das cidades. Cando hai unha desgracia nos pobos hai moita mais solidaridade. Parece como si os pobres, sabendo que calquera día lles pode pasar a calquera deles, fosen consciente de que é preciso sempre axudarse uns ós outros para poder sobrevivir. Os ricos, en troques, pensan que nunca van precisar nada de naide, e por eso non se lles ocurre a idea de axudar ós demáis. ...

3.- O caldo, a cuna, o carriño...

Os domingos, despois de ir á misa, un tío de Daniel, que vivía na casa, íba coas vacas ó monte; e o pai de Daniel quedaba na casa e púñase a facer o caldo. Collía unha pota moi grande que tiñan, botáballe auga, e púñaia no lume da lareira, encima dun "trespiés". Botáballe un oso de soá, e un pouco de unto, e tamén un cacho de carne de touciño. E mentras fervía, bullaba as patatas. Despois botáballe medio quilo de babas. Pitaba as patatas en anacos pequeniños. Cortaba grelos ou outra verdura que tuvese. E botaba todo na pota. Botáballe sal. Deixaba que cocese despacio, moito tempo. E cando estaba feito de todo sacaba parte del para unha pota mais pequena. Xa tiña o caldo feito para toda a semana. O domingo á noite estaba rico. Pero o luns, despois de requentalo, estaba mais rico. E o martes moito máis rico. E cada día sabía millor. Cando se acababa a pota pequena, empezábase coa grande. Cada vez que se quentaba o caldo había que deixalo ferver, para que non se acedase. ¡¡¡¡¡Qué ricas sabían aquelas fabas!!!!!!!!!! Daniel nunca poderá esquecelas. ....

Daniel tiña unha cuna de madeira, que fixera seu abó alá polo ano 1.850. Era grande e cómoda. Non tiña colchón, pero púñanlle unha mantiña por debaixo, para que poidese dormir cómodo e non lle fose a cama dura. Alí atopábase realmente cómodo.

E tiña tamén un carriño de madeira, cerrado con uns barrotes, con unhas rodiñas. De día metíano dentro do carriño e alí pasaba as horas. O irmau mais vello ás veces paseabaio dentro do carriño, tirando por unha corda. E Daniel disfrutaba moito co movemento do carro.

Unha cuna e un carriño parecidos ós de Daniel.

 4.- As filloas da tia Andrea, o bote de colacao, e as naranxas.

O pai de Daniel pasaba a mor parte do día traballando. E a tía María era a que coidaba de Daniel. Pero cando a tía María tiña que ir ó río a lavar, o neno quedaba con algunha veciña; e a maior parte das veces quedaba coa tía Andrea, que era unha muller xa moi velliña, que vivía soia.

A tía Andrea tuvera un home e moitos fillos. Pero o seu home molleu de novo e todos os fillos emigraron: uns para Francia, outros para o Brasil, outros para Bos Aires, .... E por eso ela levaba case que toda a vida vivindo soia. O de soia é un decir, porque realmente en Camba naide vivía soio. Pode que algén durmise soio de noite. Pero de día naide estaba soio, porque sempre había veciños a quen axudar, nenos que coidar, ou persoas coas que falar. ... En Camba o que estaba soio era porque quería. Alí todos se coñecían e naide tiña porque sentirse realmente soio, no sentido que a soidade ten na moderna cultura urbana, descoñecida totalmente na Camba daquela época.

A tía Andrea estaba case que sempre na casa, e sempre coidaba dos nenos que os veciños lle levaban á casa. Dende que tiña dous anos, Daniel empezou a ir para a casa da tía Andrea. A maior parte das tardes que iba xuntábase alí con outros dous ou tres rapaces. Entre todos pasábano de medo. Xogaban, pelexaban, enredaban, .... A tía Andrea sabía moitos contos de lobos, de cervos, de pitas e raposas, de burros que falaban, de ratos e paxaros, .... Cada día contáballes unha historia diferente. E sempre os tiña contentos.

Cando xa os rapaces empezaban a cansarse, a tía Andrea púñase a facer as filloas para a merenda. Nunha cunca botaba ovos e batíaos ben batidos. Logo botáballe unha pouca fariña de trigo, unha pingada de leite, e un pouco azucar. Remexía todo ben remexido; puña a sartén no lume con un pouco pingo e cando estaba ben quente retiraba a grasa e botába un pouco do contido da cunca na sartén, e extendíao ben; dáballe a volta, e listo: unha filloa para o plato. E así outra e outra hasta que tiña unha pila delas. Entón empezáballas a dar ós rapaces. Cada rapáz comía cinco ou seis. E todos quedaban ben merendados. E así facía toda as tardes.

un prato de filloas

Cando os rapaces non tiñan ganas de filloas, dáballes de merendar outra cousa: un pouco de pan con carne ou con chourizo, unha tostada de pan untada con mel, unha taza de leite con azúcar e pan ... Cando non era unha cousa era outra pero na casa da tía Andrea nunca faltaba a merenda pros rapaces.

Incluso unha vez tuvera un bote de colacao, que lle trouxera de Ourense un sobriño do crego. Aquelo sí que fora unha revolución. Os rapaces botaban toda a tarde pensando na hora da merenda; e cando chegaba a tía Andrea dáballe a cada un sua taza de leite, e botáballe a cada un unha cucharada de colacao; remexiallo ben, e, a comelo. Os rapaces arrabañaban a taza e deixábana limpa como se quedara lavada. ... O colacao era algo moi rico e non se podía perder nin un faragullo. O bote do colacao era bastante grande, e durou caseque un mes. Non sei como pudo facer a tía Andrea para que durase tanto. Nin que de noite medrase. Daniel xa tiña catro anos cando foi aquelo do bote de colacao, e disfrutou tanto coméndoio que nunca na vida se esqueceu do colacao da tía Andrea.

Como tampouco se poido esquecer nunca daquela tarde de sol na que comeu a primeira naranxa: Daniel tiña xa cinco anos, e estaba con Paco e Carmen na casa da tía Andrea; facía moito sol, pero non era de vrau, senon que mais ben debía de ser polo mes de novembro. A tía Andrea díxolles: esta tarde imos ter unha festa moi grande. E cando chegou a hora da merenda sacou unha cestiña moi fermosa que tiña, arredou un pano co que estaba tapada, e quedaron á vista aquelas cousas encarnadas. ¿Sabedes qué é esto, meniños????. Ningún deles o sabía. Nunca viran aquel froito redondo. A tía Andrea empezou a bullar a primeira naranxa, con coidado, para que non se perdese nin unha gota de zumo; despois, cos dedos, con mimo, foi sacando un por un os anaquiños e dándollos ós rapaces, de ún en ún. Daniel saboreu os que lle tocaron lentamente: sabían dulces e frescos, mais ricos que un caramelo; non recordaba haber comido nunca unha cousa tan rica. ¡Nin xiquera cando comera o leite con colacao!. A naranxa paracíalle incluso mais dulce e refrecante.

5.- O día que Daniel caiu ó río.

Corría o mes de setembro e unha tarde a tía María foi coma de costume ó río, a lavar a roupa, no fondo do lameiro do Recobeco. E Daniel quixo ir con ela. Mentras ela lavaba o rapáz non paraba de correr polo lameiro. Facía boa tarde e estábase moi ben. Nesto que o rapáz viu unha troita que andaba polo río, e quixo collela; meteu a mau na auga, ... erbaroulle un pé, e alá foi, de cabeza o río. A tía María sentíu o ruido e foi alá correndo. Meteuse na auga sin pensalo, e colleu o rapaz por un brazo e sacouno da auga. Saiu mollado coma un pito, e morto de frio. A tía María non lle rifou nin lle bateu. Espiuno de todo, quitándolle a roupiña mollada, colleu unha sábana seca que tiña por alí, e envolveuno nela. Logo quitou a súa chaqueta e envolveuno nela tamén. Colleuno no colo, e levouno pra casa. Cando chegou á casa pronunciou as primeiras palabras: "ai meu meniño, ¡qué susto me deches!. Non me volvas facer esto."

 

6.- A morte do tío Farruco.

Tiña xa Daniel seis anos cando morreu o tío Farruco. Iste é o primeiro morto que Daniel recorda. Vivía na Canella, coa súa filla María. Púxose malo, moi malo, e os catro días morreu. ¿De qué?. Morreu do mal da morte, como morrían todos en Camba. Para qué poñerlle outros nomes raros. O mal que mataba era sempre o mesmo, ainda que nas cidades lle chamasen de mil maneiras, ... era o mal da morte. Morreu á media maña. A noitiña anterior xa os cans choraban ou ladraban a morto diante da súa casa, polo que xa se sabía certo que íba a morrer. E por eso xa pola mañan cedo o tío Vito*, o carpinteiro, xa lle empezara a facer a caixa. Cando chegou a hora do xantar xa a tiña rematada. Metéron o corpo na caixa e puxéron a caixa aberta no medio do sobrado da casa; cubriron as paredes todas con mantóns negros; e os veciños trouxeron sillas para que todo o mundo se poidera sentar. Pola tarde empezou o velatorio. Empezaron a vir os veciños. Encheuse a casa de xente. Veu o sancristán e rezou un rosario. A xente falaba en voz baixa. A tía Andrea tamén rezou un par de rosarios. E así entre charlas e rosarios foi pasando a tarde e a noite. Cando chegou Daniel cos seus irmaus a caixa estaba aberta e víase a cara e o corpor do tío Farruco. Daniel acordouse de que aquél home que estaba alí encerrado falara con él moitas veces e contáralle moitos contos. Non entendía moi ben porque ahora tiña que estár daquela maneira, calado, sabendo que contaba contos tan divertidos. E a cara que tiña....pálida, inexpresiva, .... A Daniel aquela cara un pouco deformada quedoulle gravada na retina durante moitos anos. Daniel soio estuvo duas ou tres horas no velatorio. Porque era pequeno. Pero, tal como era de costumbre, a maior parte dos veciños pasaron alí a noite enteira. Pola mañan seguinte algúns homes marcharon porque tiñan que ir atender o gando.

Pero pola tarde naide foi traballar. O enterro foi ás cinco da tarde. Houbo sete curas. Misa. Funeral. Moitos responsos. O tío Farruco era un home moi querido e ningún veciño faltou ó seu enterro. Daniel tamén foi. Con seis anos xa tiña edade dabondo para ir enterándose do que era a vida ... e a morte. Os curas falaron en latín. E cantaron os sete cantares. O cadaleito estaba pousado diante do altar maior. Cando todo rematou sacaron o cadaleito e metérono na sepultura; botáronlle terra enriba. E así rematou todo. Foi o primeiro entierro ó que asistiu Daniel.

 7.- O primeiro amor e a Confirmación.

Tiña Daniel oito anos cando lle tocou de vir ó Señor Obispo, para facer a Confirmación dos rapaces ós que lles tocaba. En Camba cofirmábanse tódolos rapaces, porque alí o catolicismo era algo universal ou casi universal. Soio o tío Pituco tiña ideas un pouco raras e as veces incluso decía que Deus non existía. Pero todos os demás sabían ben que soio había un Deus, e que soio había unha relixión verdadeira: a católica que ensinaba Don José.

Cando se soupo que íba vir o Sr. Obispo, todo o pobo se puxo a traballar para arreglar e adornar a Eirexa e mais o atrio. Na porta do atrio proiectouse de facer un arco de flores para que o Sr. Obispo entrase por debaixo del. E para eso suspenderonse as clases e os rapaces todos foron coa maestra ó monte, a buscar flores.

Cando estaban nun lameiro en Chao da Pala, collendo campanillas moi fermosas, Daniel ollou para unha nena chamada Marta e de repente sentíu algo raro no cerne do seu corpo. Despois xa non pudo arredar os seus ollos dela en toda a tarde. Incluso cando volvía para o pobo, polo camiño, acercouselle e chegou a falar con ela. A verdade é que tiña falado e pelexado con ela mil veces na escola. Pero agora .... era outra cousa: faláballe mais despacio, mais baixiño, con unha voz diferente. E a voz da rapaza tamén era distinta: doce, garimosa, fermosa como o canto dos paxaros, .... A rapaza incluso chegou a miralo un par de veces, e unha vez sorriulle. Aquelo foi como sentir o ceo mismo dentro do corpo.

(seguirá)

(seguirá. ¿seguirá?. ¡Deus dirá!.)

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador