Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

FOTOS DE CAMBA

A casa da Mariana. .

A aira do Tenasio

Carro, nun curral de O Pozo.

A casa da Escola.

A casa do tío Tenasio, coa Verea e o Lombo de Murouzo ó fondo.

O Castiñeiro das Millaras. Un dos máis grandes que hai en Cerdedelo.

O Lavadero. Onda os Charcos da Fonte.

Choza que José Rúa Basalo fixo no lameiro da Ponte.

A Costa.

O curral no que a Maruja do Higinio garda a res.

O Curro. Camiño por abaixo. Casa por arriba. Fermosura por todas partes. Sitio para xuntarse a xente á parola e ó concello, abrigados da choiva, ó cuberto da neve. Arquitectura intelixente: sabiduría popular crada con séculos de experiencia.

Eirexa de Camba. Fermoso campanario. E fermosa escultura no frente.

Marcelo e Juan en Camba. O Quintairo ó fondo, e detrás o Lombo de Murouzo.

Maika, María, Dolores, Bea, Sara e María, ollan atentas un cabritiño

que as cabras da María do Higinio trouxeran ó mundo un día antes.

O home, o burro, a ovella, a escaleira ... O José da Canella.

O Pozo. Iste é o medio do pobo.

O Quintairo visto dende o adro da Eirexa.

As poucas ovellas e cabras que quedan en Camba. En tempos houbo varios rebaños con máis de cinco mil cabezas.

O muiño da Fonte, e a nova piscina fluvial feita fai pocos anos. Aquí neste río, neste lugar de AS PEDRAS, temos xogado moito.

Quika na aira do Tenasio.

O Quintairo. Conta Elías que no século XVII vivía aquí, onde hoxe está a casa do Antonio, o "quinteiro", que era o cobrador de impostos que lles cobraba ós veciños a quinta parte das colleitas de froitos que tiñan.

Esta foto fíxoa Marcelo dende os Vigazás. E nela vense as Barxelas, os lameiros da Ponte, O Cotote, o pobo de Camba, a Picota, e os montes de Camba ata o Campo Grande e ata os Groises. No alto da foto, á dereita, empeza o Invernadeiro.

Fermosa foto que fixo Terese no ano 1.991, na que se ve o interior da Eirexa de Camba e a súa fermosa bóveda de cañón.

Esta foto fíxose no ano 1991. Agradézolle a Francisco Roberto que a enviase.

Foto tamén de Francisco Roberto ou de Teresa do ano 1.991.

Teresa. Aquí onde está ela había unha casa que se esborrallou cando eu era pequno.

Teresa, con Camba ó fondo.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador