Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
PAXINA PRINCIPAL DE CAMBA

CAMBA ..

¿Onde está CAMBA?

Para chegar a Camba hai que coller a AUTOVIA RIAS BAIXAS (que vai de Vigo a Madrid) e ir ata VERIN.Despois en Verín cóllese a carretera que vai a LAZA(16 km). E ó chegar a Laza cóllese á dereita unha carretera que vai subiendo pola montaña arriba durante 10 km. ata chegar a Cerdedelo. Ó chegar a Cerdedelo, sin entrar no pobo, tórcese á esquerda e cinco metros despois xírase á dereita para coller a carretera que leva a Camba. Xa soio faltan 4,5 km. Hai que ter conta ó sair de Cerdedelo, cando se chega onda a Eirexa da Pena Tallada. Alí hai que torcer á esquerda e pasar por enriba da eirexa, pois a carretera que sigue de frente non vai a Camba, senón ó Invernadeiro.

......

Este mapa está sacado do libro de CAMBA, escrito por ELIAS DOMINGUEZ PRIETO.

Tamén se pode ir a Camba en tren. A vía Galicia-Madrid pasa pola estación de Laza- Cerdedelo. E dende esta estación a Camba soio hai 5 km. Pero hai que ter en conta que hoxendía paran moi poucos trenes en Cerdedelo, pois a maioría dos trenes pasan de largo, e non teñen parada nesta estación.

¿Qué hai en CAMBA?

Silencio, paz, montaña, natureza. Por Camba non se pasa. A Camba hai que ir. E cando se chega alí atópase ún con un pobo pequeno, afincado o pé da Serra, a 1.100 metros de altura, con casas de pedra con teito de lousa. Na planta baixa das casas está o curral, onde se garda o gando (vacas, ovellas, cabras, porcos....). E arriba, no piso, vive a xente. O gando da corte bota calor que sirve como calefacción natural.

Xente hai pouca. Pero boa. Parece como se se volvera á Edade Media de repente. ....

E gando agora tamén hai pouco. En tempos o pobo de Camba mantiña 700 vacas e a maiores as ovellas e as cabras que xuntas sumában mais de 3000 cabezas. Pero hoxe, a día 12-03-2003, quedan soio 10 vacas (5 do Benjamín, 3 do Benigno e 2 do Bilso), e moi poucas cabezas de rés.

Hai un río pequeno, con auga moi limpa, no que un se pode bañar. No río hai troitas moi ricas, ainda que pequenas. Tamén hai unha piscina fluvial, con auga ¡¡¡¡moi boa para a circulación!!!!

Piscina fluvial.

Pódese facer sendeirismo todo o que se queira. Hai moitos camiños para andar. Ainda que non hai rutas sinalizadas.

E sobor de todo o que se atopa en Camba é a natureza pura da montaña, a paz e o silencio total. Non hai ruidos de coches, nin de motores de ningún tipo, nin de móbiles, nin de nada .... Soio o canto dos paxaros, o asubiar do vento, o ruxir da auga no río, e a música pura da natureza virxen.

 

Quén vive en CAMBA?

En inverno hai moi pouca xente. Arredor de 20 persoas. A maioría vellos. Case que non hai naide menor de cincoenta anos. E rapaces coido que non hai ningún. A maior parte da xente está xubilada e cobra unha pensión normalmente moi baixiña. Tres familias teñen vacas. Os que teñen folgos para facelo coidan unha horta na que sementan patatas, verduras, fabas, tomates, pementos, cebolas, allos, .... e outras cousas que logo comen. Lóxicamente a alimentación é moi sana e natural. Agricultura ecolóxica cen por cen.

En inverno o pobo está moi soio e silencioso. A xente métese nas casas, arredor da lareira, e pasa o tempo entre conto e conto. Os mais atrevidos xúntanse no forno para falar e botar a partida.

No vrau hai máis xente e animación. Vese xente nova, chegada de Ourense, de Barcelona, de Holanda, e de mil sitios mais. Son persoas nacidas en Camba que emigraron e que voltan a pasar o vrau ó pobo onde atopan a maior felicidade. Realmente os cativos pásano de medo. Respiran aire puro e libertade. E disfrutan da natureza.

A principios de Agosto (normalmente o segundo sábado) celébrase a FESTA do pobo, en honor a SAN SALVADOR. Acode toda a xente que pode. Cómese, fálase, e bailase, .... E pásase realmente ben.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador