Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Fotos de Galicia. Concello de Beariz.
Juan
01/07/2009

_MG_4243 _MG_4249 _MG_4254 _MG_4266 _MG_4274
_MG_4243.jpg         _MG_4249.jpg         _MG_4254.jpg         _MG_4266.jpg         _MG_4274.jpg        
_MG_4287 _MG_4292 _MG_4302 _MG_4306 _MG_4317
_MG_4287.jpg         _MG_4292.jpg         _MG_4302.jpg         _MG_4306.jpg         _MG_4317.jpg        
_MG_4330 _MG_4342 _MG_4345 _MG_4349 _MG_4357
_MG_4330.jpg         _MG_4342.jpg         _MG_4345.jpg         _MG_4349.jpg         _MG_4357.jpg        
_MG_4369 _MG_4385 _MG_4399 _MG_4411 _MG_4429
_MG_4369.jpg         _MG_4385.jpg         _MG_4399.jpg         _MG_4411.jpg         _MG_4429.jpg        
_MG_4455 _MG_4459 _MG_4461 copia _MG_4463 _MG_4470
_MG_4455.jpg         _MG_4459.jpg         _MG_4461 copia.jpg         _MG_4463.jpg         _MG_4470.jpg        
_MG_4479 _MG_4488 copiapequena _MG_4489 copiapequena _MG_4499 copiapequen a _MG_4509
_MG_4479.jpg         _MG_4488 copiapequena.jpg         _MG_4489 copiapequena.jpg         _MG_4499 copiapequen a.jpg         _MG_4509.jpg        
_MG_4515 _MG_4523 _MG_4530 _MG_4541 _MG_4549
_MG_4515.jpg         _MG_4523.jpg         _MG_4530.jpg         _MG_4541.jpg         _MG_4549.jpg        
_MG_4569 _MG_4573      
_MG_4569.jpg         _MG_4573.jpg        

 

 

 

PEQUENA VIAXE POLO CONCELLO DE BEARIZ

     O día 14 de xuño de 2009 erguínme cedo pola mañán coa idea de ir facer fotos ó concello de Beariz. O día amaneceu co ceo cuberto e bastante gris. Non choveu. Tampouco luciu o sol. Facía unha calor coma se fora de tormenta. A verdade é que o día estaba un pouco pesado.

     Saín do Carballiño pola carretera de Pontevedra, e antes de chegar á Ermida, xa vin o indicador de "Beariz", e seguíndoo desvieime cara a esquerda, por unha carretera que me lebou en primeiro lugar a Lebozán.

     Alí fixen algunhas fotos da Igrexa, e da praza que hai beira dela... Volvín subir ó coche para seguir de cara Beariz, pero antes de sair do lugar de Lebozán chamoume moito a atención unha eira con hórreos que vin á man dereita. Parei o coche e baixei a ela. Estaba bastante limpa e ben coidada. Un señor díxome que se chamaba a EIRA DA COSTA. Fixen fotos dos hórreos. E logo baixei un pouco mais por unha rúa estreita que me levou a un grupo de casas vellas, algunhas en pé e outras esborralladas... Alí atopei algún recunchos que me pareceron realmente fermosos.

     Despois volvín a subir ó coche e seguín a miña viaxe. Pronto vin unha pequena estrada que saía pola dereita. Había indicadores que puñan: Alvite, Muiño Novo, Casa de Turismo Rural... Metinme por alí. Alvite é un lugar ó que me gusta ir, e volver, e volver...

     Cando cheguei a Alvite púxenme a facer fotos. Vin que había algún recantos máis remozados... Chamoume a atención un letreiro colocado na parede da CASA DA FONTE que reza: "Prohibido facer augas maiores e menores nesta rúa baixo multa de duas pesetas".

     Baixei pola aldea abaixo, e no fondo topeime cun home que estaba barrendo a rúa, diante da casa de turismo rural coñecida como Zapatería do Tio Ramiro. Era un dos donos. Púxenme a falar con él. Conteille o que estaba facendo. E invitoume a entrar e díxome que fixese fotos de todo o que quixese... sempre que non fixera ruido para non molestar ó hóspedes que ainda estaban durmindo... Ensinoume a casa, os xardíns mimosamente cuidados, a finca que ten detrás da casa na que andaban un fato de ocas, e na que tamén ten cabalos... ainda que estes debían andar lonxe e non se deixaron ver... Amosoume como fixo unha caseta para gardar nela o depósito do gasoil e outra para meter a caldeira da calefacción, de xeito que estivesen escondidos e non afeasen a estética do lugar... Andaban por alí unha gata branca, tan limpa e lavada que mesmo parecía que acababa de estar na perruquería, e dous cans tamén moi ben aseados... Tódolos detalles están tan ben coidados que por momentos tiven a impresión de toparme nun pequeno palacete árabe...

     Estábase moi ben alí, pero ainda me quedaban moitos sitios por fotografíar. Así que volvín de novo ó coche e saín de Alvite polo fondo do lugar, por unha estrada estreita e fermosa que me levou a Muradás. Aquín parei para meterme polas estreitas rúas ata que cheguei a unha eira, con varios hórreos. Votei a subir de cara a estrada xeral, e collín cara a esquerda, en dirección a Beariz. Pasei por diante da pequena capela de San Pedro que hai en Muradás, no momento no que un raio de sol se colou por entre as nubes e iluminou este pequeniño edificio dende atrás, de xeito que no medio da carballeira creaba unha bonita imaxe.

     Cando cheguei a Beariz xa debían ser cerca das once da mañán. Entrei no primeiro bar que topei, para mercar un bocadillo de xamón e unha botella de auga. Alí, nunha mesa, estaba, sentado, lendo o periódico, Manolo Prado, o Alcalde do Concello. Saudeino. Conteille o que estaba facendo. E pregunteille cales eran os lugares máis interesantes do concello de Beariz dende o punto de vista fotográfico... El chamou por Tomás, o teniente alcalde, que estaba sentado noutra mesa falando cuns amigos. E entre os dous empezaronme a falar de muiños restaurados, de eiras con hórreos, de castros, de mámoas, de pontes, de rutas de senderismo, de casas de turismo rural... Tomás ofreceuse a acompañarme durante un rato...

     Empezamos pola eira da Forxa, que estaba alí mesmo, moi cerquiña do bar... Varios hórreos ben conservados facíanlle compaña a un transformador de FENOSA, dos de cemento de toda a vida... Tiven que facer verdadeiros esforzos para facer unha foto dos hórreos na que non aparecese o omnipresente transformador...

     Logo fomos de cara o río, onde topamos unha pequena ponte de laxas, e logo, río arriba, chegamos ata o muiño da Dulcina... Había outros dous muiños tamén restaurados cerca deste, pero non fomos a eles porque había bastante orballo e como non iamos ben calzados estaban se nos mollando os pes...

     Voltamos a Beariz, subimos ó coche, e fomos a ver o lugar de Garfián. Pequeno, recollido, e con unha vaguada de hortas e prados dediante... Un lugar verdadeiramente fermoso. Contoume Tomás que en Garfián hai tamén unha casa de turismo rural que se chama a Casa de Arriba.

     Logo subimos pola Bouza e volvemos a Beariz, onde deixei a Tomás, para que atendese á súa vida, e eu encamiñeime de cara Doade. Voltei a pasar por A Bouza e nun plis plas presenteime en Doade. Seguindo os consellos de Tomás collín á esquerda, de cara a praia fluvial, e logo, unha vez alí, collín río abaixo, para buscar o muiño da Caldeira. Pasei unha pequena ponte de laxas e de seguida cheguei ó muiño. O lugar era verdadeiramente fermoso; deses sitios nos que che gustaría quedar en boa compaña per séculas seculorum...

     Pero eu tiña que seguir. Voltei cara Beade. Vin un indicador que puña Eira de Doade. Parei o coche e metinme por entre as casas... pero por mais que buscaba non topaba a eira por ningures... Vin un home e pregunteille... "A eira? Está ahí arriba... pero agora xa non se ve nada nela... Eu xa fai anos que non vou ó sitio". "¿E non hai hórreos nela?". "Hai hó!... Hórreos hai... Pero quitáronlle a madeira e dixeron que lla ían a volver poñer e non volveron... Vou contigo. Ven que imos ver cómo está...". Levoume ó sitio. Entre unhas xestas altas, gordas e ben mantidas, xogaban ó escondite quince ou vinte hórreos de fermosa feitura, en regular estado de conservación... Pareceume que se estuvera o sitio limpo e sen maleza seguramente sería moi fermoso... Pero esta nosa terra galega é tan rica e ten tanta forza que as herbas, as prantas e as árbores medran tanto en todas partes que ás veces acaban por abafarnos...

     Deixei a eira e voltei de cara Doade... onde busquei un dibuxo que tivera algo que ver cun estanco... pois Tomás dixérame que esta era a millor maneira de buscar unha tenda típica na que se podía mercar de todo... Entrei. Atendeume unha señora maior, moi amable. E a verdade é que tiñan case de todo, pero había algunhas cousas que lle faltaban... Pedinlle fruta... e díxome que agora xa non a vendían... Merquei leite e chocolate... e pregunteille se vendían pan. "Agora xa non. Ven tres panadeiros e xa llo compran a eles... Pero se non precisa moito... temos unha peza para o noso gasto... e pódolle dar un cacho dela..." "Pois eu cun cacho arréglome, pois soio o quero para comer co chocolate, porque contaba ir comer á casa pero vexo que se me vai facer tarde... e non me gustaría pasar fame..." Entrou na casa. E volveu cun bo cacho de pan e deumo. ¡Xa non é facil atopar xente así e sitios coma este!.

     Alí, en Doade, enfrente da tenda, había unha alameda, na que lle fixen fotos a unha pequena igrexa e a un peto de ánimas.

     Seguín logo o meu camiño e fun a ver a igrexa parroquial de Xirazga, que está mesmo o pé de Doade, no lugar que chaman Correa. Alí fixen un feixe de fotos do cruceiro de Cerviño. Arriba a Redención: o Cristo crucificado e a suma mai, A virxe María, atravesada por unha espada de dor. Abaixo o Pecado Orixinal: Eva, collendo a mazán, e tapándose cunha mau ó darse conta de que estaba espida, e Adán, mirándoa de reollo, e tapándose tamén...

     Despois fun ata a capela de Santo Domingo... e tipa pensado ir a Ricobanca, a ver a ponte e o muiño, pero non fun porque me pareceu que xa se me estaba facendo moi tarde...

     Voltei de cara Beariz, intentei facer unha foto da Igrexa... ainda que a falta de espazo e o sol que empezou a quentar, non me deixou facer nada de proveito...

     Cansado e suoroso seguín de cara Magros, onde visitei a eira chea de fermosos esqueletos de hórreos, a casa de turismo rural da Laxa, e a pequena ponte que detrás da casa atravesa o río e permite pasar ata o muiño que hai alí mesmo...

     E con isto din por rematado o meu viaxe fotográfico polo concello de Beariz. Ainda me quedaron varios lugares sen ver. Pero o tempo non deu para mais...

(Juan, 14 de xuño de 2009)

 

 

O concello de Beariz está formado por 18 lugares agrupados en 3 parroquias. Son os seguintes:

Parroquia de Beariz (Santa María)
Alvite
Beariz
Bouza, A
Garfián
Magros
Muradás

Parroquia de Lebozán (Santa Cruz)
Antas, As
Arnelas
Ermida, A
Lebozán
Liñares, Os
Ventelas, As

Parroquia de Xirazga (San Salvador)
Abeleira, A
Alén
Correa
Doade
Framia
Ricovanca

 

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador