Galicias.com: unha casa para todos |
|||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO | INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
Fotos
de Galicia. Monasterio de Armenteira. Concello de Meis (Pontevedra) Juan 09/03/2008 |
(Para ver esta web en castellano pincha aquí)
O mosteiro de Armenteira
(Un agarimoso e sorprendente anaco de ceo)
No concello de Meis, na comarca do Salnés, escondido na montaña, entre as ría de Pontevedra e de ría de Arousa, atópase o Mosteiro de Armenteira. É un fermoso edificio que ten as súas orixes no século XII, e que foi restaurado recentemente.
Na actualidade está habitado por unha pequena comunidade de monxas cistercienses.
Mosteiro pequeno, fermoso, agarimoso, acolledor... O viaxeiro que non o coñece queda sorprendido cando se topa con el.
Unha igrexa. Un pequeno claustro. Un lugar cheo de vida: terra, árbores, paxaros, pedra, luz e auga... Unhas monxas acolledoras, alegres, felices... O silencio. A paz. A natureza. Un recanto máxico, que parece irreal, imposible, coma se fora sacado dun conto... Coma si se tratara dun soño...
Pero non. Non é un soño. É un lugar real: no que as monxas viven, rezan, traballan... E o viaxeiro pode disfrutar do indescritible pracer espiritual de asistir a "vísperas", ás 19:00... escoitando como o canto das monxas debuxa ceos novos no suave silencio da tarde... Tamén se pode participar noutros oficios litúrxicos (laudes, completas, sexta...). Os domingos na misa de 11:00 un queda sorprendido coa sempre novedosa predicación de Juan Mari... Hai quen pensa que neste recuncho case descoñecido está un anticipo do que pode ser o pensar da Igrexa Católica dentro de cen anos...
O mosteiro ten hospedaría. Pódese quedar a durmir en habitacións sinxelas pero moi acolledoras. Nas que non falta nin sobra nada esencial. E nas que sobre todo reina o silencio e a paz.
(Na súa web din así: "...la hospedería está abierta a quinquiera que se acerque buscando un lugar de silencio, de descanso o de oración, que le ayude a distanciarse de la vida ordinaria para volver a ella con nuevo empeño")
É, en definitiva, un lugar ideal para atoparse con un mesmo, para facer unha viaxe ata o propio corazón.
Para chegar a Armenteira pódese ir, dende Santiago ou Pontevedra, pola autopista A-9, collendo logo a vía rápida que vai cara Sanxenxo, e tomando logo a saída de Cambados-Meis-Ribadumia, que nos leva a unha rotonda, na que temos que coller a dirección Meis-Armenteira... A partir de aí so hai que seguir os indicadores. O mosteiro está a uns 4 km dende a saída da vía rápida.
.
No mosteiro de Armenteira tamén teñen unha tenda na que venden xabóns de moi diversas clases elaborados artesanalmente polas monxas, e outros produtos.
Pódese topar mais información na súa web:
http://www.monasteriodearmenteira.org/ARMENTEIRA/Bienvenida.html
E para poñervos en contacto tedes o teléfono e o mail da hermana hospedera nesta web:
http://www.monasteriodearmenteira.org/ARMENTEIRA/A55BF809-5D6E-4DFE-8EDC-1AA15AEC649A.html
Pero, para saber de verdade máis cousas deste anaquiño de ceo... ¡hai que ir alí!!.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa