Galicias.com: unha casa para todos |
José Manuel García López
BIOGRAFÍA
José Manuel García López, nace en Vigo o 19 de Outubro de 1952. É médico xinecólogo. Exerce a súa actividade profesional na súa cidade natal.
Dende a infancia séntese profundamente atraído pola beleza da paisaxe rural de Galicia, que goza especialmente nos veráns, xa ceibe da súa actividade académica, en Albeos, pequena aldea do Concello de Crecente (Pontevedra), á beira do a río Miño, de onde é oriundo o seu pai.
O lapis e as elementais pinturas de cores serven de medio para plasmar o que na súa xuventude capta desta contorna rural. Xa máis tarde, esporádicamente acude a diversos talleres de artes plásticas, pero a súa actividade médica profesional déixalle poco tiempo libre, polo que ten que abandoar a súa aprendizaxe pictórica e debuxística durante doce anos.
Despois deste longo paréntese, en Xaneiro do ano 2002 entabla unha estreita amizade co recoñecido pintor vigués Santiago Montes Areas, polo que sente unha grande admiración, e este estimulao e tutelao na súa nova etapa de formación artística autodidacta, xa volcado específicamente na pintura de paisaxe con espátula e con especial predilección polos temas de Galicia, cos que manifesta estar plenamente identificado dende a súa nenez.
No ano 2003 participa como membro do xurado do II Certame Internacional de Vídeo Médico “Videoprimaria”, celebrado en Vigo, e é admitido como socio da ASEMEYA (Asociación Española de Médicos escritores e artistas).
É fiel admirador de históricos pintores paisaxistas identificados con Galicia, entre los que destaca a Francisco Llorens, José Frau, Manuel Torres Martínez, Luis Torras Martínez, Antonio Quesada, Xavier Pousa e Arturo Cifuentes.
EXPOSICIÓNS
2002: Exposición colectiva no Colexio Oficial de Médicos (Pontevedra)
Exposición colectiva no C.H.U. Xeral-Cies (Vigo)
2003: Exposición individual na Casa do Libro (Vigo)
Premio de pintura e mención honorífica no concurso “Artes da Raia” (Monçáo, Portugal)
Exposición individual na Área Panorámica de Tuy (Xunta de Galicia)
Exposición colectiva no C.H.U. Xeral-Cies (Vigo)
Accesit A.M.A. no sexto concurso de pintura (Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra
2004: Exposición individual na Fundación Araguaney (Santiago de Compostela)
2005: Exposición individual no Conxunto Histórico de Soutomaior (Deputación de Pontevedra)
Exposición individual na Casa de Galicia de Madrid (Xunta de Galicia)
Primeiro premio no VIII Concurso de Pintura do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra 2005
Exposición individual na Sala Teucro de Pontevedra (Consellería de Cultura e Deporte-Xunta de Galicia)
Exposición individual no Ateneo de Ourense (Consellería de Cultura e Deporte-Xunta de Galicia)
Regato nacendo. 2005. Óleo sobre lenzo. 73 x 54
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
Benvid@, a Galicias.com
Contador
© Juan Rúa