Camiño, foto e palabra / A23IMG_0063
Juan
Outono fotográfico 2009

Anterior Inicio Siguiente

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25

A23IMG_0063

A23IMG_0063.jpg

Caminar es besar la tierra con los pies.

 

     Unha tarde de sol... Fermosa... Vou de visita a Oseira... Gústame Oseira. A pedra. A paisaxe. O silencio... Estou por alí paseando e vexo tres rapazas sentadas enriba dunha parede de pedra... Póñome a falar con elas... Son peregrinas... e polo tanto temos moito en común... As tres son polacas... Xa non lembro en qué idioma falamos... Pero iso non importa... Cando as olladas se entenden... o idioma non é un obstáculo... Chámame a atención que tres pereginas leven as uñas dos pes pintadas... Pregúntolles se lles podo facer unha foto... Dinme que sí...
     E así naceu esta foto... que logo foi publicada no libro do outono fotográfico dese ano... e que foi o meu cartel da exposición CAMIÑO, FOTO E PALABRA...
     Porque a foto di moito máis do que ven os ollos... Detrás de cada foto hai unha historia... Detrás de cada foto latexa gran parte da vida do que fai a foto... e por suposto tamén da vida do fotografado...
     Nesta foto está parte da miña alma e da miña forma de ver a vida.
     Pero nesa foto está a vida desas tres rapazas polacas: ¡se estes pés falaran!... Se nos contaran todos os pasos que deron polo Camiño de Santiago... Os momentos de dor que sufriron... E os momentos de ledicia...
Camiñar é bicar a terra cos pés....

 

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador