galicias >> Carballiño

Fotos de Galicia

Provincia de Ourense

Fotos de lugares da Parroquia de Arcos, concello do Carballiño.

Ano 2003. Parroquia de Arcos: O Bañiño de Arcos (lugar para tomar augas termais gratuitamente, e para dar un fermoso paseo pola beira do río Arenteiro, por un sendeiro no que se escoita o río e os paxaros e no que se respira silencio, paz, e ledicia); a fonte do Bañiño; a Eirexa de Arcos; As novas vivendas sociais no barrio da Uceira, da parroquia de Arcos.

Arcos é terra de "pulpeiros". As pulpeiras de Arcos son coñecidas en medio mundo: están na feira do Carballiño, en Ourense, en Lugo no San Froilán, en Madrid no Palacio de Congresos, en Arxentina, en Cuba, ... en mil sitios máis.

A parroquia de Arcos ten tres lugares: Arcos, Framia, e Uceira.

Pero hoxendía Arcos está case que unido ó mesmo núcleo do Carballiño, sen solución de continuidade. Case que non se sabe onde remata o Carballiño e onde empeza Arcos.


O Bañiño
O Bañiño de Arcos
A fonte do Bañiño de Arcos
Fonte do Bañiño
Eirexa de Arcos
Eirexa de Arcos
Cruceiro en Banga
Vivendas socias na Uceira
 

Soio se autoriza a usalas para estricto uso personal doméstico e non lucrativo.
Sólo se autoriza su utilización para estricto uso personal doméstico no lucrativo.
Their use is only and exclusively authorized for personal non-profit use at home.

 

Ir al INDICE de FOTOS de GALICIA