Galicias.com: una casa para todos |
TÍA JOSEFA
Morreu.
Pechou os ollos
e deixou de respirar.
Era unha muller de paz...
Nunca lle fixo mal a ninguén....
Queríanos a todos.
Tiña sempre as portas
da súa casa
e as portas do seu corazón
abertas de par en par.
Era uha persoa BOA,
con maiúsculas,
xenerosa,
cariñosa,
bondadosa...
Era un anaco de ceo na terra,
e sementaba bondade e ledicia
entre todos os que estaban ó seu redor.
Era un exemplo a imitar.
E a semente que ela deixou
en tí, Patricia,
e en todos nos,
¡¡¡NON MORRERÁ
ENDEXAMAIS!!!!
Pechou os ollos
e deixou de respirar.
Era unha muller de paz...
Morreu.
¿Morreu?
Non.
Non morreu,
porque o ben que ela fixo
é inmortal,
e porque a súa bondade
está xa con Deus
e en Deus
para sempre.
Graciñas, tía,
de verdade,
e de corazón.
(30-novembro-2012)
.
"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos." (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
TOP: Ir al INICIO de esta página
Benvid@, a Galicias.com