galicias >> versos (índice)

Galicias.com: una casa para todos


Índice de poesías, cuentos ...
Frases bonitas

O progreso

     No mes de agosto do ano 2006 Manolo ven, coma tódolos anos, a pasar uns días na súa aldea natal, no concello do Irixo, na provincia de Ourense. Unha tarde tópase con Claudio, un home de noventa e sete anos, que vive na aldea, e que pasa as horas sentado na escaleira de pedra da súa casa, conversando cos veciños.

     - ¿Qué tal, Manolo?. ¿Volves a estar por aquí?.

     - Aquí me ten, coma tódolos anos.

     - E, ¿cómo che vai a vida?...

     Esta pregunta sirve para que Manolo lle explique a Claudio todo o que fai durante once meses ó ano no pais no que está emigrado. E para que lle conte cómo é a vida naquel pais e cómo funcionan alí as cousas.

     Mentres conversan, Manolo atende catro chamadas e responde sete sms no co seu teléfono móbil. Claudio escoita e mira sen presa.

     Manolo cóntalle, entre outras moitas cousas, que alá, no pais onde está, a xente non perde o tempo indo á misa nin falando cos veciños, que todos traballan seguido sen perder o tempo, e que cando queren falar con alguén fano polo mobil ou polo ordenador. Que alí todo funciona coma un reloxo, con total precisión, e que ningunha peza da sociedade pode deixar de cumplir milimétricamente co cometido que ten encomendado. E que alí a xente xa non se namora, e que os mozos e mozas non precisan xuntarse nin nas festas, nin non parques, nin nos fiadoiros, que alí, cando precisan facer o amor, que xa o fan por internet; e que ésto é moi seguro porque non hai peligros nin de embarazos nin de contaxios de enfermedades...

      Claudio escoita e tenta imaxinar cómo pode ser ese mundo no que vive Manolo durante once meses ó ano. E a verdade é que lle costa imaxinar que poida existir un mundo así e que a eso lle chamen progreso.

     Cando termina de soltar o seu "discurso", sen agardar a que Claudio lle manifeste a súa opinión, Manolo mira mecanicamente o seu reloxo e remata a súa conversa dicindo:

     - Xa ves que alá, no pais no que eu estou, van moito por diante de nos.

    E Claudio, contéstalle, pensativo:

     -Xa o vexo, xa... Pero... ¿Sabes unha cousa?. Pensándoo ben, indo para onde imos, ¡eu xa non sei se non será mellor ir un pouco por detrás!.

(Juan, 12-06-2006)

 

Hola Amig@s... la poesía es luz que sale del alma...


"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos." (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir al INICIO de esta página

Benvid@, a Galicias.com

MAPA DE LA WEB