Galicias.com: una casa para todos |
Pedro
Pedro naceu nun pobo da provincia de Ourense, no concello de Laza, alá polo ano 1916. Seus pais eran labregos. No pobo había unha escola e un mestre.
Cando Pedro cumplíu os seis anos chegoulle o tempo de ir á escola. Conviña que aprendese a ler e a escribir, e o rapaz era listo, e a verdade é que parecía selo, podía incluso aprender as catro reglas: sumar, restar, multiplicar e dividir.
Cando rematou o verán os seus pais mandárono á escola. O primeiro día o mestre púxolle un dictado a todos os rapaces. Pedro non coñecía as letras. Pero colleu o seu pizarrín e púxose a garabatear na súa pizarra o mellor que puido. Con moita ilusión.
O mestre recolleu as pizarras e púxose a corrixir o dictado. Todos os outros rapaces xa coñecían as letras e sabían debuxar palabras con elas. Cando viu a pizarra de Pedro, o mestre púxoa en alto para ensinarlla a tódolos rapaces. E dixo: "esto non son letras, esto son machados".
Os rapaces botáronse todos a rir. Pedro sentiu moita vergoña. Non sabía onde meterse para esconderse das olladas e das risas crueis dos outros rapaces. Polo baixo díxose a si mesmo que nunca mais volvería á escola.
E así foi. Os seus pais seguían mandando a Pedro á escola tódolos días. El non lles dicía nada. Saía da casa á hora que o mandaban, coa pizarra debaixo do brazo e o pizarrín na man. Pero logo agochaba estas ferramentas no curral da res e collía unha aixadiña que sempre tiña alí gardada e marchaba botar a auga ós lameiros. Calculaba o tempo como podía e cando lle parecía que era horas volvía para o pobo. Escondíase para ver cándo saían os rapaces da escola. E deixaba a aixada no curral da res, detrás da porta, e collía a pizarra e o pizarrín e ía para a casa.
Así pasaron varios anos. Ata que un día veu un crego novo para o pobo. E foi visitar ós pais de Pedro. Como tiña tempo de abondo púxose a falar co rapaz. E deuse conta de que non estaba nada instruído. Entón os pais preguntáronlle a Pedro se non aprendera nada na escola. E o neno contoulle a verdade de todo o que acontecera.
O crego viu que o rapaz era listo. E colleuno da súa man. E nun mes ensinouno a ler e a escribir. A Pedro aquelo, visto así desta nova maneira, gustoulle moito. Sorprendeuse a si mesmo cando se viu capaz de debuxar palabras coas letras e de formar frases coas palabras, coma os outros rapaces.
E, a partir de entón foi á escola e disfrutou moito aprendendo cousas novas.
Pero non por eso deixou de traballar no campo. E cando foi medrando topou unha moza, casouse, e formou unha familia labrega, como lle correspondía por razón da sua procedencia. Pero sempre tivo dentro inquedanzas. E empeñouse en que tódolos seus fillos estudiasen. Pois sempre tivo moi claro que os estudia era a herdanza mais rentable que lle podía deixar ós seus descendentes. E, con moita fe e con moitos sacrificios, conseguiu que os seus fillos e netos tivesen estudios e puidesen vivir sen ter que fozar na terra.
(Juan, 06-06-2006)
"Ei de ir á túa seitura,
ei de ir á túa segada,
porque a miña
xa vai acabada"
(Canción popular que se cantaba na seitura en Camba e que inda lembra José Rúa)
"O gato é moi lixeiro. É coma un pensamento" (José Rúa, 03-06-2006)
"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos." (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
TOP: Ir al INICIO de esta página
Benvid@, a Galicias.com