Galicias.com: una casa para todos |
XOSÉ NEIRA VILAS
EU
SON...
Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dí, un ninguén...
Así empeza o libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
Escrito por XOSÉ NEIRA VILAS. Un libro que se le co corazón. Un
libro que se sinte dentro. Un libro polo que un camiña viaxando dentro
da alma do protagonista... Un neno labrego que veu ó mundo cun saco de
preguntas...
Fai un par de días morreu NEIRA VILAS. ¿Morreu?. Non de todo. Porque o que fixo algo bó non morre endexamais. Deixa semente. Semente que nace, medra, e volve a dar outra semente...
Como lle día a Balbino, Serafín, o enterrador: "Aqueles que fixeron algo de valemento, saben que non morren de todo..."...
E, Balbino, despois de rematar a conversa co enterrador, fai un xuramento: "... Xurei para min que cando chegue a grande farei cousas de valemento para non morrer de todo cando morra"...
E NEIRA VILAS dende logo "fixo cousas de valemento" ... e por iso non morre de todo... O seus libros siguen vivos en moitos de nos. A miña primeira reacción cando me enterei da súa morte foi a de buscar o libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO e volvelo a ler. Despaciño, sen presa e sen pausa, fun percorrendo as súas páxinas, saboreando a linguaxe e os pensamentos, acompañando a Balbino no seu camiño, e recordando a miña infancia... Sentindo con humildade e gozo a miña unión con todos os nenos do mundo que naceron no mundo rural, onde a TERRA MAI se sente moito máis cerca, onde se escoita mellor o latexo do corazón das raíces de tódolos nosos devanceiros...
Grazas Balbino, grazas XOSÉ NEIRA VILAS... No meu corazón estaredes sempre vivos...
(Juan, 29-11-2015)
"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos." (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
TOP: Ir al INICIO de esta página
Benvid@, a Galicias.com