Galicias.com: una casa para todos |
AS MALLAS
As mallas.
Agosto. 1986. Xa todos os veciños remataron a seitura. E fixeron a acarrexa. O pan está nas airas, amodoucado nas medas.
Chega a máquina de mallar. Este ano tócalle empezar polo alto do pobo. E alí se xuntan tódolos veciños, na aira do Feliciano, para facer a primeira malla. E logo a seguinte, e a seguinte...
Todos
axudan a todos. As mulleres recollen o grau e lévano para os arcaces
en pequenas sacas...
Os homes recollen a palla e lévana ó palleiro, en feixes grandes.
Os mozos compiten a ver quén leva o feixe máis grande. Para demostrar
a súa forza. Para conquistar as mozas...
Arriba, no alto da meda, hai homes e mulleres que van botando os mollos abaixo, para que un home os desate e outro os meta na máquina.
Hai traballos que son máis delicados cos outros e que so saben facer algunhas persoas. Este de meter a palla na máquina é un deles. Hai que ter moita conta de facelo ben, con moito coidade de non meter a man adentro de máis, para non quedar sen ela...
Outro dos traballos delicados é o de facer o palleiro. Hai que saber ir colocando a palla ben, para que quede ben seguro e ben colmado, para que non caia, nin se torza, e para que cando veña o inverno non entre dentro del nin a auga nin a neve... E que a palla se manteña seca ainda estando á intemperie...
As mallás son un traballo colectivo. Duro, porque fai moito calor e porque hai moito polvo... Pero fermoso porque tamén é coma unha festa, unha xuntanza, unha convivencia...
Para aliviar a calor o dono da malla serve bebidas: cervezas, viño con gaseosa... Así tamén se sementa forza e ledicia nos corpos...
Tódolos traballos colectivos teñen un algo de festa e de amizade... Os pobres non teñen case nada... pero naide lles pode roubar a súa humanidade... e a súa capacidade de axudarse uns ós outros... Algo que, se cadra, os ricos non sinten nin entenden... Cada un ten a súa riqueza ... e a riqueza dos pobres está na solidaridade...
(Juan, 29-11-2015)
"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos." (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
TOP: Ir al INICIO de esta página
Benvid@, a Galicias.com