OS
OVOS DA SEÑORA FLORINDA |
Corría o ano 2003. Era sábado, e as nove da maña sonóu o timbre do telefonillo. “¿Quén chamará a estas horas?”. -¿siiii?. -¿Pódeme abrir a porta? -¿A qué piso vai? -Veñolle traer os ovos a veciña do primeiro “A”, a esa señora que ten dous nenos. -Empuxe a porta, que lle abro. Sube unha velliña, con unha cesta de ovos na man. Timbra na porta de primeiro A, pero non lle contesta naide. -Seguramente que non lle están. -Pois é raro. -¿Qué lles quería? -Véñolle traer os ovos .... -¿?.... -Mire, cóntolle: Eu chámome Florinda. Vivo en San Martín de Lamas, en Cea. Teño vintecinco pitas, que cada día me pon unhos quince ovos. Eu vounos xuntanto e tódolos días de feira veño ó Carballiño a vendelos. -¿E a cómo os vende? -Mire, vender véndoios a 3 euros. Pero para as que me son clientas deixollos a 2 e medio. Esta señora hai pouco tempo que mos compra. Foi a Pura, a muller do Avelino, a que me dixo dela. A Pura xa leva mais de dez anos comprándomos. Tódalas feiras me compra unha docena. E á Benilde, a do Paco, lévolle tres docenas de cada vez. E teño outras clientas mais.... Esta señora de aquí normalmente quere unha docena, pero para hoxe encargoume duas. Por eso me estraña que non esté na casa. ... -Sairían ... -A estas horas .... ¿para ónde iban ir?.. -Non lle sei. .... Pero mire, se quere déixeme a min os ovos, que llos pago eu, e logo cando veña a Señora xa llos dou. -Como usted vexa. Dóulle os cinco euros e dame os ovos. -Mire ... ¿os ovos son frescos? -Son. Os mais vellos non pasan de quince días. Como veño todas as feiras e aquí no Carballiño hai feira tódolos días 16 e 31 de cada mes, non pode haber ovos que teñan mais de quince días. Estes da señora foron postos onte. -¿E non ten mais para vender? -Mire, ¿ustede quéreos? -Se os tén, sí. -Pois pódolle vender unha docena. Porque á Carlota tróuxenlle tres docenas, coma sempre, e díxo que hoxe con duas se arreglaba. Así que, se quere, pódolle vender unha docena. Os ovos sonlle bos. ¿Voullos buscar? -Pois vaia. O cabo de media hora volveu a señora Florinda, con unha ducia de ovos. Ainda que non lle era clienta, cobroumos a 2,50. E quedamos en que tódolos días de feira me trouxese unha ducia. ... Pola noite probei o primeiro ovo. Frito. ¡Qué delicia!. Estaba riquísimo. A verdade é que Galicia aínda é medieval en moitas cousas ... ¡Gracias a Deus!!!!. Ten mais valor un ovo da señora Florinda que o mais moderno dos misiles de Bush. E seguro que as pitas da señora Florinda non queren a Guerra. |
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa