Falamos unha lingua milenaria
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda Galicia. Non
hai lugar ningún do que se poida dicir Aquí
ninguén fala o galego: nas aldeas, vilas ou cidades; entre labregos,
mariñeiros, obreiros ou universitarios, sempre hai alguén que fala o galego.
Mesmo se alguén vén de fóra vivir entre nós, axiña ten que procurar entender,
porque, endenón, perdería moitas conversas e, anque participe nelas falando o
castelán, moitas serán espontaneamente bilingües. En Galicia hai parladoiros
bilingües mesmo na radio. O galego é imprescindible, polo menos, no nivel de
comprensión.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda Galicia con
transparencia. Dende Fisterra ó Couto Mixto, dende Camposancos a Ribadeo a
lingua galega é unha e transparente. Se alguén lle chama padrín ó padriño sabemos
que é de contra A Fonsagrada; se alguén di muto
por moito sabemos que é de contra
A Gudiña; se alguén fala dos persebes sabemos
que é da costa Atlántica. Pero non hai falas opacas: todos nos entendemos. E
mesmo nos entendemos nesta lingua con xente que vive fóra de Galicia na parte
occidental de Asturias, León, Zamora e unha parte de Extremadura. O galego
sobarda as fronteiras políticas de Galicia.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda a sociedade
galega. Falámola xente de tódolos oficios, de tódalas ideas políticas, de
tódalas idades, de máis ou menos posibles. A lingua galega non é o símbolo
identificador dun gremio profesional, como é o barallete; ou dun sector social
como é o cheli en castelán. Cando falámo-lo galego non nos estamos
identificando como membros dun partido ou dun grupo social. A lingua galega non
ten color política porque é de todos. E por eso é lingua, non unha simple
xerga.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, fálana entre eles nos lugares más
recuados do Planeta centos de milleiros de emigrantes e en tódolos mares do
mundo os nosos mariñeiros. Neses casos a lingua ten unha carga emocional e
identificadora moito máis forte aínda. E a eles chégalles hoxe a lingua as
vintecatro horas do día en forma de libros, de radio ou de TV. Dalgunha maneira
xa falamos unha lingua mundial.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é un identificador social máis
asentado cás nosas institucións políticas, máis cás nosas marcas comerciais,
máis cós nosos equipos deportivos, máis cá Universidade de Santiago, máis có
Pórtico da Gloria. Hai galegos que falan a cotío castelán, e son plenamente
galegos, pero o galego abrangue máis xente, máis terra e máis historia e por
iso é o elemento máis representativo e radical da galeguidade.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa viviu épocas de esplendor, de
persecución e de recuperación. Na Idade Media foi a lingua dos poetas de toda a
Península Ibérica, incluído un rei de Toledo. Pero despois o poder decidiu
sumerxila case cinco séculos e, aínda así, a lingua non afogou: soubo nadar de
sulago todo ese tempo e xurdiu á luz pública cunha alentada poderosa. A
capacidade de resistencia da lingua galega asolagada é un dos capítulos máis
emocionantes da nosa historia.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa tivo tempo de crear parentes. O
irmán portugués xa é distinto do galego, maiormente pola súa historia. O galego
é a lingua que nos identifica como galegos ós que o falamos, en calquera parte
do mundo que esteamos (mesmo en Portugal) e segue sendo o identificador da
comunidade orixinal. O portugués, en cambio, é hoxe unha lingua internacional,
por obra dunha política imperialista semellante á do español, o inglés ou o
francés. Nós nin bendicimos esa política (humillante para tantos pobos) nin
cobizamos os seus froitos, porque nun mundo ecolóxico hai sitio para as linguas
grandes e para as pequenas. O portugués, aínda que máis ou menos o
comprendamos, é outra cousa. Mesmo afectivamente é outra cousa para nós. Para
nós é honra abonda sermos galegos.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa foi vehículo de case tódalas
especialidades científicas. E non habemos tardar en ter traductores automáticos
bidireccionais entre galego, castelán e inglés, de xeito que a necesidade de
usarmos linguas internacionais quede reducida á súa xusta dimensión. Que
ninguén perda tempo en convencernos de que hai linguas útiles. Ó galego
chégalle con se-la nosa para seguilo sendo a tódolos efectos. O futuro vaille
abrir aínda máis portas.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é un código de comunicación no que
non se pode tecer individualmente. Os experimentos lusistas non se sabe, de
certo, a onde conducen e xa levan feito moito mal. Queremos que os portugueses
se comuniquen connosco, mesmo comercialmente, en portugués. Querémonos
comunicar con eles, mesmo comercialmente, en galego. Máis aló non queremos ir.
Nós somos nós e, en galego, estamos abertos ó mundo: así viaxan xa algúns dos
nosos máis requintados productos. Os nosos devanceiros crearon unha institución
arbitral para decidi-la autenticidade do noso código lingüístico: a Real
Academia Galega. Nós seguirémo-la doutrina normativa e arbitral da nosa
Academia, porque é a oficial e porque na circulación non pode haber
simultaneamente varios códigos sen que se produzan situacións catastróficas.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, viu o seu territorio natural ocupado
tamén por outra lingua que hoxe lle disputa a maior parte dos medios de
comunicación, dos altares, das aulas, dos tribunais e das notarías. Esta
ocupación fíxose nos séculos que sumerxeron con certa violencia a lingua
galega. Como galegos e como demócratas seguimos sendo hospitalarios e, polo
tanto, non nos tentan o separatismo, a xenofobia nin o racismo. Pero, como
cidadáns, aspiramos a que a lingua galega, por se-la lingua que naceu aquí, por
se-la lingua máis estendida en territorio e en falantes, recupere en Galicia o papel
preponderante que a tódolos niveis lle corresponde sobre a lingua oficial do
Estado e sobre as linguas que están traendo os inmigrantes. E, como
responsables políticos ou membros de Asociacións Cívicas, loitaremos por
conseguilo dentro do marco lexislativo vixente esgotando tódalas súas
posibilidades.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, viva e palpitante, vencerá a
prevaricación dalgúns funcionarios, o desinterese dalgúns medios de
comunicación, a contradicción teolóxica dalgúns sacerdotes, a indiferencia
dalgunhas empresas. Vencerá a desigualdade que ante a lei aínda padece. Vencerá
mesmo a apatía dalgúns pais que non llela transmiten ós fillos e a daqueles
fillos que aínda non a falan cos compañeiros. Día virá en que os netos lles reclamen
a algúns avós o tempo que están perdendo parvamente.
Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é realmente unha lingua forte, aínda que en sectores ou por momentos pareza feble. O galego xa viviu épocas ben máis difíciles. E por iso sobrevivirá e medrará. Este é o noso compromiso: o compromiso de cantos asinamos esta declaración a título persoal ou colectivo.
1 Fundación Premios da Crítica Galicia. 2 Asociación de Amigos do Couto Mixto. 3 Fundación Ramón Otero Pedrayo. 4 Patronato Rosalía de Castro. 5 Instituto
de Estudios Carballiñeses. 6 Confederación Galega de Asociación de
Veciños. 7 Fundación Lois Peña Novo.
8 Asociación de Funcionarios para a
Normalización Lingüística de Galicia. 9 Asociación
Unión Galeguista 10 Foro Rande 2002 (engloba a máis de
sesenta colectivos veciñais e culturais dos concellos da Ría de Vigo). 11 Ir Indo, Edicións. 12 3C3 Editores. 13 Profesores do Colexio Público “Vicente Risco”, de Vigo. 14 Grupo Arqueolóxico Marcelo Macías de
Ourense. 15 Colexio de Avogados de
Vigo.
16 Grupo Aletheia de Filosofía. 17
Liceo de Ourense. 18.Abano
Editores
1.
Avelino Abuín de Tembra (Escritor)
2.
Xesús Alonso Montero (Catedrático e Académico da
RAG).
3.
Xosé Ramón Alonso Priegue (Estudiante)
4.
Daniela Alonso Verta (Estudiante).
5.
Verónica Álvarez de los Bueis (Estudiante).
6.
Alfonso Álvarez Gándara (Decano do Colexio
Avogados de Vigo).
7.
Laura Álvarez Gómez (Estudiante).
8.
Paula Álvarez Penela (Estudiante).
9.
María Luísa Álvarez Santamarina (Licenciada en
filoloxía francesa).
10.
Gonzalo Amoedo López (Policía local).
11.
Marisa Andrade Pérez (Profesor de galego).
12.
Miguel Aramburu García-Pintos (Xuíz do Xulgado de
Redondela).
13.
Xosé Araujo (Secretario do Colexio de Avogados de
Vigo).
14.
Miguel A. Araúxo Iglesias (Bispo Emérito de
Mondoñedo-Ferrol e Académico da RAG).
15.
Mónika Araújo Guillán (Estudiante).
16.
Daniel Ares Enjamio (Catedrático de Grego)
17.
Xosé Arias (Compositor).
18.
Yolanda Arias Ceide (Estudiante).
19.
Daniel Arias Penas (Estudiante).
20.
Elisa Arias Trigo (Directora do Conservatorio de
Música de Redondela).
21.
Ismael Babarro Iglesias (Estudiante).
22.
Gonzalo Balo Mosquera (Dirixente veciñal).
23.
Xosé Bangueses García (Empresario)
24.
Ramón Barral Andrade (economista)
25.
Xosé Xoán Barreiro Prado (Maxistrado).
26.
Carlos Barros Guimeráns (profesor U. De Santiago)
27.
María Xesús Bello Rivas (Investigadora)
28.
Xusto Beramendi González (Catedrático U. De
Santiago)
29.
Xosé Luís Blanco Campaña (Xornalista).
30.
Paula Blanco Vázquez (Estudiante).
31.
Pilar Buceta Santos (mestre)
32.
Carlos Hugo Castelain Poceiro (Estudiante).
33.
Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais de
Galicia).
34.
Xosé Cabaleiro González (Secretario comarcal
CIG-Administración Pública).
35.
Francisco de Castro González
36.
Ramón Castromil Ventureira (Vicepresidente do
Consello da Cultura Galega).
37.
Basilio Cegarra Martínez (Profesor de historia).
38.
Xosé M. Cid Fernández (Decano da Facultade
Humanidades de Ourense).
39.
Circulo Cultural Saviñao
40.
Alfredo Conde Cid (Escritor).
41.
María Pilar Conde Rodriguez (Empregada)
42.
Henrique Costas González (Filólogo (Profesor da
Universidade de Vigo).
43.
Xosé Luís Couceiro Pérez (Profesor da Universidade
de Santiago)
44.
Andrés Couñago Laxe (Dirixente veciñal).
45.
Xosé Couñago Rivera (Profesor de lingua galega).
46.
Hugo Curto Saavedra (Estudiante).
47.
Eladia Diéguez Vázquez (Profesora ensino
secundario).
48.
Xosé María Dobarro Paz (Catedrático da Univ. da
Coruña).
49.
Evencio Domínguez Lorenzo (Párroco de Cexo)
50.
Antonio Durán “Morris” (Actor).
51.
Xosé Enríquez Martínez (Comercial).
52.
Xosé de Enriquez e Vidal (escritor)
53.
Xerardo Estévez Fernandez (Arquitecto).
54.
Emilio Estévez Rodríguez (Catedrático de
matemáticas).
55.
Laura Estévez Vidal, estudiante.
56.
Francisco Fariña Busto (Arqueólogo).
57.
Antón Fernández Álvarez (Vicerrector da
Universidade de Vigo).
58.
María Xesús Fernández Lopo (Profesora de galego).
59.
Paz Fernández Pereiro (Mestra)
60.
Amada Fernández Piñeiro (Profesora de francés).
61.
Benito Fernández Rodriguez (Párroco de Crespos)
62.
Serafín Fernández Rodriguez (Párroco de Carballeda
de Avia)
63.
Víctor Ferreira Montero (Empresario).
64.
Martiño Ferro Fernández (Técnico de Imaxe).
65.
Minia Ferro Fernández (Estudiante);
66.
Xesús Ferro Ruibal (Investigador e Académic o da
RAG).
67.
Xoán Fonseca Moretón (Secretario de Administración
Local).
68.
Xosé María Fonseca Moretón (empresario)
69.
Guillermo Fontán Feixóo (Dirixente sindical).
70.
Manuel Forcadela (Escritor)
71.
Víctor Frade Fernández (Estudiante).
72.
Xosé L. Franco Grande (Escritor e Académic o da
RAG).
73.
Xosé Antonio Gaiteiro Barreiro (Enxeñeiro de
Montes)
74.
Olga Gallego Domínguez (Arquiveira e Académic a da
RAG).
75.
Emilio Ricardo García Bonome (Profesor de
filosofía)
76.
Xermán García Cancela (Filólogo).
77.
Constantino García González (Catedrático Emérito
da Universidade de Santiago e Académic o da RAG).
78.
Luís García Mañá (Escritor e Comisario Xefe
Provincial de Policía de Ourense)
79.
Xosé María García Palmeiro (Decano Colexio
Profesional de Xornalistas de Galicia)
80.
Iago García Pascual (Universitario)
81.
Lorena García Pascual (Universitaria)
82.
Fernando García Pazos (Funcionario).
83.
Xosé A. García Rodriguez (Bibliotecario).
84.
Waldo García Romero (Abade de Trasmañó e Cedeira).
85.
Roberto Gil Moure (Policía local).
86.
Xosé Ramón González Alonso (Párroco de Naceda)
87.
Ramón Gómez Crespo ( Responsable Proxecto Home
para Galicia)
88.
Pedro Gómez Valades.
89.
Josefina González (Psicóloga)
90.
Antía González Álvarez (Estudiante).
91.
Rosa González Bordallo (Bibliotecaria).
92.
Saula González Domínguez (Estudiante).
93.
María Pilar González Fernández (Investigadora)
94.
Pablo González Fernández (Empregado de banca)
95.
Manuel González González (Catedrático da Univ. de
Santiago e Académic o da RAG).
96.
Xosé González Martínez (Funcionario da
Administración local).
97.
Xesús Pablo González Moreira (Director X.de
Política Lingüística)
98.
Clodio González Pérez (Etnógrafo e profesor).
99.
Luís González Tosar (Escritor (presidente do PEN
CLUB).
100. Miguel
A. González Trigás (Decano do Colexio de Avogados de Ourense).
101. Victorino
Gutierrez Aller (Notario).
102. Ursula
Heinze (Escritora).
103. Modesto
Hermida Garcia (Inspector de Ensino).
104. José
Luís Hernández Romero (Profesor de IES).
105. Xaime
Isla Couto (Presidente do Consello de Administración da Editorial Galaxia e
Académic o da RAG).
106. Robert
Jablonski (Contable e coordinador da Asociación Alén Nós)
107. Pilar
Jeremias Cela (emigrante retornada)
108. Xosé R.
Jorge Janeiro (Párroco de de Solveira da Limia)
109. Uxío
Labarta (Biólogo).
110. Bieito
Ledo Cabido (Editor).
111. Xoán
Carlos Horro González (Fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra).
112. Álvaro
Lago (escritor)
113. Xosé
Lamela Bautista (escritor)
114. Xosé
Amancio Liñares Giraut (historiador).
115. Rubén
López (ensinante)
116. Xesús
López Fernández (Investigador).
117. Álvaro
Xosé López Mira (Profesor da Universidade de Vigo).
118. Marta
López Vieitez (Estudiante).
119. Ramón
Lorenzo Vázquez (Catedrático e Académico da RAG).
120. Mago
Antón (ilusionista)
121. Manuel
Mandianes Castro (Antropólogo do CSIC).
122. Manuel
Mariño Castro (Comisario-Xefe de Policía de Vigo-Redondela)
123. Xosé A
Maroño Mañá (Catedrático de física-química, IES “Antonio Fraguas”).
124. Carlos
Martínez Alonso (Sociólogo).
125. Silvia
Martínez Alonso (Estudiante).
126. Irene
Martínez Crespo (Estudiante).
127. Xurxo
Martínez Gómez (Mestre)
128. María
Martínez Mon (Ama de casa)
129. Xosé
Martínez-Romero Gandos (Psicólogo)
130. Rosario
Martínez Rodriguez (Profesora de IES).
131. Luz
Méndez (Asesora Lingüística da TVG).
132. Iago
Méndez Conde (Licenciado en publicidade e Relacs.Públicas)
133. Enrique
Méndez Gil (Empregado editorial)
134. Bárbara
Millos Limés (Estudiante).
135. Yolanda
Moldes Lorenzo (Profesora de lingua inglesa)
136. Lurdes
Mondelo Vázquez (Mestra).
137. Xoaquín
Monteagudo Romero (Secretario de Administración Local).
138. Benito
Montero Prego (Fiscal Audiencia Provincial Pontevedra).
139. Enrique
Mora Morandeira (Comisario Xefe de Policía Provincial de Pontevedra)
140. Marta
Moure Poncela (Estudiante).
141. Miguel
Anxo Murado García (Investigador)
142. Gonzalo
Navaza Blanco (Filólogo e escritor).
143. Xosé
Neira Vilas (Escritor e Académico da RAG).
144. Benigno
Nerga Piñeiro (Profesor de latín).
145. María
Xesús Nieto Baltar (Funcionaria).
146. Paula
Nieto González
147. Carlos
Núñez Pombo (Profesor).
148. Rafael
Ojea Pérez (Xefe do Servicio do Patrimonio Histórico Concello de Vigo).
149. Mercedes
Oliveira Malvar (Profesora de filosofía)
150. María
Teresa Osorio Núñez (Profesora de matemáticas).
151. María
Nieves de Paula Pombar (Profesora Universidade de Vigo)
152. Emma
Palacios Rodriguez (Funcionaria).
153. Xosé A.
Palacios Sánchez (Filólogo e Profesor da Univ. de Vigo).
154. Carmen
Panero Menor (Profesora de lingua).
155. Noela
Pardo Méndez (Estudiante).
156. Cristina
Pérez González (Estudiante).
157. Xosé
Pérez González (Párroco de Bande)
158. Sara
Pérez Moleiro (Estudiante).
159. Laudelino
Pellitero (analista político)
160. Manuel
Pérez González (Párroco do cárcere de Pereiro de Aguiar)
161. Xosé
Luís Pérez Pérez (Profesor).
162. Carmen
Pérez Vaquero (Funcionaria).
163. Xosé
María Pin Millares (Profesor).
164. Antón
Piñeiro Feijóo (Funcionario).
165. Antón
Piñeiro Lorenzo (Profesor de galego).
166. Carmen
María Pombo Martínez (Estudiante).
167. Xosé
A.Pombo Mosquera (Profesor de lingua galega)
168. Roberto
Prego Fontán (Autónomo do comercio)
169. Antonio
Puentes Chao (Filólogo).
170. Antón
Pulido Novoa (Pintor).
171. Xavier
Queipo (Biólogo e escritor)
172. Xesús
Rábade Paredes (Escritor).
173. Xosé
Benito Reza (Enxeñeiro de Montes).
174. Cristal
Reza Cardero (Universitaria).
175. Bernardo
B. Rodriguez (Estudiante).
176. Xosé
Manuel Rodríguez-Abella (Xefe do Departamento de Educación do Concello de
Santiago de Compostela).
177. Xosé
Rodriguez Cruz (Etnógrafo).
178. Antonio
Rodriguez Rivas ( Enxeñeiro de Montes)
179. José
Rodriguez Ubeira (Profesor de relixión).
180. Blanca
Roig Rechou (Profesora da Universidade de Santiago de Compostela).
181. Xulio
Ríos Paredes (Director do Instituto Galego de Documentación e Información).
182. Enrique
Sampil Sánchez (Director IES A Pinguela, de Monforte de Lemos)
183. Xosé
Sánchez (Dirixente veciñal).
184. Xoán
Sánchez Carro (Enfermeiro)
185. Alejandro
Sánchez de Dios (Enxeñeiro agrónomo)
186. Guillermo
Sánchez González (Comisario na Comisaría de Policía Vigo-Redondela).
187. Xosé
Sánchez Puga (Funcionario)
188. Máximo
Salinas Valencia (Catedrático da Universidade de Santiago (Campus de Lugo)).
189. Iago
Santos Castroviejo (Profesor Universidade de Vigo).
190. Victoria
Sinde Neira (Profesora de matemáticas).
191. Xosé
Carlos Sierra Rodriguez (Director Museo Etonográfico de Ribadavia)
192. Agustín
Sixto Seco (Médico).
193. Alberto
Soneira Veiga (Profesor ciencias naturais).
194. Félix
Soria (Xornalista)
195. Miriam
Soto Palacio (Licenciada en historia).
196. Xabier
Suárez-Vence Santiso (Empresario)
197. Xesús
Taboada Cid (Rexistrador da Propiedade de Ourense).
198. Carolina
Taboada Cid (Funcionaria)
199. Elvira
Taboada Cid (Mestra)
200. Maria
Remedios Teixeiro Guerreiro (Funcionaria).
201. Natalia
Torres Fernández ( estudiante)
202. Uquicebra
(Deseñadora)
203. Carlos
Varela García (Fiscal Audiencia Provincial Pontevedra).
204. Eduardo
Varela Novoa (Funcionario da Comisaria Policía de Vigo-Redondela).
205. Ánxos
Vázquez Rodríguez (Profesora de galego).
206. Marián
Vidal Fraile (Bibliotecaria).
207. Antía
Villar Sánchez (Estudiante).
208. Helena
Villar Janeiro (Escritora).
209. Ramón
Villares Paz (Catedrático de Historia Contemporánea)
210. Xulio
Xiz Ramil (Xornalista).
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa