galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

TOMAS MARIA MOSQUERA

 

     DON TOMAS MARIA MOSQUERA Y GARCIA (1823-1890), naceu en San Ciprian de Castrelo, concello de Cea.
     Foi avogado. E declarábase de ideoloxía progresista.
     No ano 1868 saiu deputado a Cortes. Chegou a ser ministro de Ultramar en 1871 e ministro de Fomento en 1874. En 1882 foi nomeado senador vitalicio.

(O Carballiño, 19-09-2012)

 

PASEANDO POLO CARBALLIÑO.

A RÚA TOMÁS MARIA MOSQUERA.

     Empezamos na Praza Maior.

     Á esquerda, no número 1, facendo esquita, temos hoxe unha "tienda de Movistar". A telefonía móvil, que ocupa en todas partes os mellores baixos, seguramtne porque a súa rentabilidade llelo permite. "La vida está hecha de momentos. ¡Entra y compártelos!", di o anuncio. E ó lado unha parexa facéndose un selfie e sorrindo, cheos de amor e de ledicia. Coma se o móvil fora a principal fonte de amor e de felicidade. Cor azul. E o logo de Movistar "M" en verde. A importancia dos logos e das cores, para captar ó instante a atención do espectador, e para atrapalo. Sociedade de consumo. Cambiar de móvil cada ano ou cada dous anos, ainda que despois case que non queden cartos para comer.    Pero "ECHE O QUE HAI".

     Á dereita, no número 2, temos o edificio do Banco Pastor. Cor vermella. E o logo do banco BP, roxo sobre fondo branco. Beira da porta un caixeiro 4B, dos antiguos, dos que so sirven para sacar cartos. Dentro a xente traballando, pola mañán, pola tarde, ás veces ata as nove da noite... Houbo un tempo en que os bancos traballaban so pola mañán. Pero despois viñeron os tempos da "productividade", dos "obxectivos", do "beneficio"... E os horarios foron medrando... para engordar as contas de resultados... E todos os bancos empezaron a pedirlle ós seus empregados un esforzo extra para sair xuntos da crise. Todo isto acompasado coas prexubilacións e coas sucesivas reduccións de personal. Cada vez menos xente para atender cada vez mais traballo. Creo que a esto lle chaman "reducir costes"... Claro que ainda así, o traballo na banca sigue sendo un dos mellores, segundo as enquisas...

     Enriba do Banco, no primeiro piso, Martín, O PEDIATRA. Así. Con maiúsculas, porque o pediatra é a persoa máis importante de calquera pobo. él é o que coida os nosos nenos, o que os cura, o que os sana, o que lles da piruletas, o que os fai rir... Devólvelles a saúde, moitas veces so con miralos e con decirlles que non teñen nada grave... E sobre todo devolle a paz ás mais, e tamén a algúns pais, que ás veces tamén van con nenos ó pediatra. Os pais somos sempre os máis agobiados. Os nenos choran se lles doi algo, e cando lle para de doer deixan de chorar. Eles viven no presente. Pero os pais estamos sempre cheos de medos, pensando no que pasou e no que pode pasar... Vivindo fora do agora. E por iso sufrimos tanto. E por iso sentimos tanto alivio cando vemos a cara do pediatra, relaxada, decíndonos que non pasa nada, que o neno non ten nada grave... Así sucede no noventa e nove por cento dos casos. E logo queda ese un por cento, cando o Martín pon cara seria, e cando dí, "hai que levalo a Ourense, á residencia, para que lle miren tal cousa..." Porque o Martín ten moi bo ollo, e cando un neno ten un problema importante sabe detectálo... Sí. Un bó médico ten que ter sobre todo bo ollo, para ver o estado xeral do paciente, e para saber diferenciar o que é vanal do que é importante... E por isto Martín nos da tanta confianza ós pais, e tamén ós nenos. Eu sempre o dixen: sen Martín O Carballiño sería diferente.

    Pero seguimos pola rúa. No número 3 topamos o HAWAI. Coa súa terraza. No seu toldo vemos un letreiro que reza nunha esquina "ECHE O QUE HAI. DENDE 1971*". E na outra esquina "HAWAI". Un home lé o periódico sentado nunha mesa da terraza. Dentro algúns clientes toman cafe e falan de futbol. Hoxe xogan o Barça e o Real Madrid. Tamén o Celta e o Depor. Vai ser unha tarde longa, chea de pasións... O HAWAI é tamén unha institución aquí na vila do Carballiño.

     No número 5 topamos outro café: o CENTRAL. Moderno. Este fai moi pouco tempo que abriu. Creo que antes estaba neste local un comercio de roupa: O CASTRO. E digo creo porque xa non estou moi seguro. É imcreible cómo pasa o tempo e qué pronto chega o olvido...

     Enfrente, do outro lado da rúa, no número 4, estaba CAIXAGALICIA. E digo estaba, porque agora xa non está, porque pechou o día 15 de outubro de 2015, cando abriu a nova oficina de ABANCA, na rúa Norte número1. A banca sufriu unha revolución nos derradeiros dez anos. No Carballiño tiñamos CAIXAGALICIA, CAIXAOURENSE, CAIXA VIGO e CAIXA PONTEVEDRA... Pero o ventos das "fusións" fixéronan desaparecer a todas... e quedou no seu lugar unha única oficina que agora leva o nome de ABANCA.

     No número 6 está o CASINO RECREATIVO DO CARBALLIÑO, fundado en 1964. Agora remozado, cunha nova cafetería chamada O FIADOIRO, aberta a todo o público e non só ós socios do Casino. . .

 

 

Pero chegaron novos tempos e viñeron as "fusións". Primeiro foi a de CAIXA DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA, que chamaron CAIXANOVA. E logo esta fundiuse coa CAIXAGALICIA, para dar a luz a NOVAGALICIA BANCO... logo rebautizado como NCG banco... e logo subastado e mercado polo Banco Etchevarría, un banco pequerrecho nacido en Betanzos, pero que era o Banco máis antigo de España... Claro que detrás estaba o grupo BANESCO... Pero o maremoto seguiu e finalmente o nome de Banco Etchevarría tamén desapareceu... e todo o que resultou pasou a chamarse ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA... Todo este proceso deu lugar a que se fosen pechando progresivamente diversas oficinas: primeiro a de Caixa Pontevedra, logo a de Caixavigo, logo a do Banco Etchevarría. E finalmente as de Caixaourense e Caixagalicia. Quedando finalmente no Carballiño unha única oficina de ABANCA.-

E a cousa non parou ahí: o 15 de outubro de 2015 abriu unha nova oficina de ABANCA no Carballiño, pechando as oficinas antiguas q, . .

Así no lo dí .

ata "

 

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador