MOGAS FONTCUBERTA
MARÍA
ANA MOGAS FONTCUBERTA, filla de Lorenzo e Magdalena, naceu en Corró del
Vall-Granollers (Barcelona) o 13 de Xaneiro de 1827 e morreu en Fuencarral (Madrid)
o 3 de xullo de 1886. Naceu nunha familia profundamente cristiana. Cando tiña
7 anos morreulle o seu pai e cando tiña 14 anos morreulle a súa
nai, polo que foi a vivir a Barcelona coa súa tía e madriña
María Mogas, unha muller viuva e sen fillos que tiña unha boa
posición económica e social. Pero María Ana Mogas Fontcuberta
non quixo levar unha vida cómoda e facil, senon que se aventurou a fundar
unha nova orden relixiosa, misión na cal se atopou, como era de esperar,
con importantes dificultades. Pero co seu lema “amor e sacrifio”
seguiu sempre pra diante, quiada polo carismo de adicarse ó ensino de
xente pobre.
Foi a fundadora da “Congregación
de Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor”. Esta Congregación
ten dende a década dos anos trinta do século XX un colexio no
Carballiño, na Praza dos Hirmáns Prieto, o Colexio Sagrado Corazón.
E por iso a rúa que baixa dende esta Praza a ta a de Xulio Rodríguez
Soto leva o nome da fundadora da devandita congregación.
María
Ana Mogas Fontcuberta foi beatificada polo Papa Xoan Paulo II o 6 de Octubre
de 1996, dispoñendo que a festa da nova Beata se celebre o 6 de Octubre
.
(O Carballiño, 19-09-2012)