MARGARITA TABOADA
MARGARITA TABOADA Y TABOADA: filla de Antonio Taboada (Boticario) e de MARIA TABOADA EIJAN (de Astureses). Estos tuveron tamén outros dous fillos máis, ademáis de Margarita, que se chamaban Valentín (promotor fiscal en Ribadavia) eVenancio (Farmacéutico en Carballiño)
MARGARITA TABOADA TABOADA aparece como membro dos “HERMANOS DEL BUEN JESÚS DE CARBALLIÑO” en 1905.
A rúa Margarita
Taboada na Vila do Carballiño vai dende a Avenida de Julio Rodríguez
Soto ata a Rúa Tomás María Mosquera, pasando por diante
da Praza de Abastos.
O cambio mías importante que experimentou esta rúa nos nos derradeiros
vinte anos aconteceu no ano 2009, cando un tramo desta rúa de Margarita
Taboada foi empedrado e pasou a ser peonil. Outro cambio que eu recordo é
o do comercio de Hobby Sport que estivo nesta rúa, primeiro onde agora
está DUA´S e logo enfrente, onde agora estáTOY PLANET. Finalmente
mudouse para a rúa Rosalía de Castro, onde está na actualidade.
Aparte desto
poucos outros cambios tivo durante os derradeiros vinte anos. Non se fixo neste
tempo nela ningún edificio novo.
Na actualidade, no mes de maio do ano 2020, nos baixos desta rúa atopamos
os varios negocios.
Na marxen dereita, entrando dende a Avenida de Julio Rodríguez Soto,
temos os seguintes, por este orden:
-Gestoría Garriga (que como todos sabemos leva moitos anos funcionando
na Vila do Carballiño)
- Bar Perez (un clásico desta zona, con moitos clientes maiores que van
alí a tomar o café e a botar a partida, ainda que agora nos tempos
de confinamento a actividade e a clientela está moi mermada)
- Outro bar, chamado VLAD DRACUL.
- A frutería SANTA RITA, que xa está cerca de pechar por xubilación
do seu dono.
-TOY PLANET, un comercio de xoguetes.
- A carnicería CORNIN
-PLUMETTI, un comercio de Roupa.
- E para rematar a zapatería PEREZ, facendo xa
esquina coa rúa Tomás María Mosquera.
E na marxen esquerda, empezando dende a Avenida
de Julio Rodríguez Soto, topámonos cos seguintes, tamén
por este orden:
-A PLAZA DE ABASTOS.
- BO PEIXE, que vende productos conxelados.
- REALE SEGUROS (xestoría, seguros…)
- AGROCAR, que é un comercio que vende prantas e productos agrícolas.
-DUA´S, unha tenda de roupa.
-E para rematar, facendo tamén esquina coa rúa Tomás María
Mosquera, outro comercio de roupa: LAMARGHA.
(O Carballiño, 29-05-2020)