DON MANUEL FERNÁNDEZ POUSA
Fillo de Don Hilario e Dona Jesusa. Naceu en Longos,
concello de San Cristovo de Cea, o día 30 de abril de 1895. E morreu
en Ourense o día 21 de setembro de 1972.
Estivo casado con Dona Manuela Suarez Diez, coa
que tivo catro fillos.
Estudou maxisterio na Escola Normal Superior de
Mestres de Pontevedra dende o ano 1913 ó ano 1917, acadando a calificación
de “Sobresaliente y Premio Estraordinario”.
Empezou a traballar como mestre no pobo de Santiago
de Requeixo (Partido Xudicial de Chantada, provincia de Lugo). Alí coñeceu
á unha moza de León, chamada Manuela, da que se namoróu
e coa que se casóu.
Despóis estivo de mestre en Cotelas, prroquia
de San Mamede da Canda, concello de Piñor.
E no ano 1936 concedéronlle o traslado
para a Escola de Mesego, onde botou máis de trinta anos. Nestes
anos vivía en Carballiño cos seus fillos e coa súa dona
que tamén era mestre parvulista e que daba escola no grupo escolar do
Carballiño, que estaba onde hoxendía está o Colexio Calvo
Sotelo. Vivían na casa dos mestres, que estaba onde hoxe está
a Biblioteca Municipal.
Entre as súas afeccións destaca
a arqueoloxía. O día 10 de xullo de 1944 o Director General de
Bellas Artes, a proposta da Comisaría General de Excavaciones Arqueológicas,
nomeou a DON MANUEL FERNANDEZ POUSA “Comisario Comarcal de Excavaciones
de la zona de Carballiño”, cargo do que lle deu posesión
o día 15 de xullo de 1944 Don Florentino Lopez Alonso-Cuevillas. Colaborou
en varias escavacións de castros da bisbarra do Carballiño, recollendo
importante material, entre o que se atopan varias “hachas prehistóricas”
que entregou ó Museo Arqueolóxico de Ourense.
Contan os que o coñeceron que foi un bó
marido, un bo pai, un bó mestre, un bo amigo e un bo carballiñés.
Un home que pasóu pola vida facendo o ben.
O Carballiño, ano 2006