galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

EMILIA PARDO BAZÁN

 

PRAZA DE EMILIA PARDO BAZAN

     Dona EMILIA PARDO BAZAN (1851-1921). Naceu na Coruña o día 16 de setembro de 1851. Filla única de Don José Pardo Bazán y Mosquera e Dona Amalia de Rúa Figueroa y Somoza.
Casou sendo moi nova con Don José Quiroga Perez, co que viviu primeiro en Santiago e logo en Madrid, e do que se separou en 1885.
     Foi unha adiantada do feminismo e da defensa dos dereitos das mulleres. Levou unha intensa vida social relacionándose cos persoeiros máis destacados da cultura do seu tempo. Fixo moitos viaxes ó estranxeiro. Coñeceu a fondo a literatura española e francesa da súa época.
     Escribiu importantes novelas entre as que podemos destacar a de Los Pazos de Ulloa e a de El Cisne de Vilamorta, ambientadas no Carballiño e na súa comarca.
     O seu pai foi elexido diputado a Cortes polo Carballiño no ano 1869. O seu home ten unha casa na praza maior da vila do Carballiño. E ela mesma pasou algunhas tempadas en Banga, onde aínda se conserva o Pazo de Emilia Pardo Bazán, dende o que se divisa unha estupenda vista do Ribeiro.

(O Carballiño, 19-09-2012)

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador