galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

AVIÓN


RÚA AVIÓN.-


A rúa AVIÓN é paralela á rúa Carretera de Irixo, pola parte de abaixo, cerca do río Arenteiro, enfrente de onde está a piscina municipal, pero do outro lado do río. Está na zona do muiño do CUCO.


Ten uns noventa metros de largo, según o catastro. Ainda que no mapa que hai na web do concello tamén leva o nome de rúa de AVIÓN outro tramo de uns 177 metros de longo, que no catastro non ten nome, e que tamén é paralelo á carretera do IRIXO pola parte de abaixo, na zona que está xa mais cerca da Ponte de Veiga.

É de supoñer que o nome da rúa fai referencia ó concello de Avión.

AVIÓN é un concello da provincia de Ourense, do partido Xudicial de Ribadavia.
Está situado na provincia de Ourense (Galicia), dentro da Comarca do Ribeiro no occidente ourensán.-

Ten unha superficie de 123, 10 km2.

Ten un relevo accidentado, e destacan como principais unidades morfolóxicas as serras prelitoriais que forman parte da dorsal galega: Serra do Suído e Serra do Faro de Avión.


POBOACIÓN

Ten unha poboación de 2.674 habitantes, dos que o 44,07% son homes e o 55,93% mulleres, representando o 0,97% da poboación provincial e o 0,13% da galega.

PARROQUIAS

Avión pertence ao arciprestado do seu mesmo nome (Avión e Beariz) e englobase dentro do partido xudicial de Ribadavia. As nove parroquias que o constituen teñen na súa totalidade trinta e seis entidades de poboación distribuidas da seguinte maneira:

Parroquia de San Xusto: Avión, Beresmo, Cernadas e San Vicente

Parroquia de Barroso: Barroso e Vilar

Parroquia de Cortegazas: Cortegazas

Parroquia de Nieva: Belecon, Camposancos, Caseiro, Cerdeiroa, La Lagoa, La Mota, Oroso e Porreira.

Parroquia de Amiudal: Amiudal, Espiñeiro e Pascais.

Parroquia de Couso: Couso, Edreira, Penedo, Taboazas y Villariño.

Parroquia de Abelenda: Abelenda, Boeixos, Carixa, Casar do Nabo, Mangüeiro, Mouriscados, Por de Lapa e Rodeiro.

Parroquia de Baiste: Acebedo, Baiste, Liñares e Rubillón.

Parroquia de Córcores: Córcores

 

(07-11-2015)

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador