galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

A REGA

RÚA A REGA.


Rúa sen saída, que parte da rúa Martinez Avellanosa polo Oeste desta. Ten uns 90 metros de lonxitude. Pasa beira do edificio de Mercadona, pola parte de atrás.

Non sei por qué se chama así.
Pero imaxino que sería o topónimo primitivo desa zona, que estaría non fai moito tempo formada por leiras ou prados que levarían o nome de A REGA.
Coa mudanza dos tempos, onde antes se cultivaban patatas, empezaron a sementarse edificios... e para poder entrar e sair deles convertirían en media rúa o que antes sería un camiño... e alguén, con bo tino, púxolle a esta rúa o nome de A REGA.
Claro que todo esto son suposicións miñas sen ningún fundamento contrastado.
Espero as vosas informacións que supoño que serán mellor fundadas.

En Camba (Concello de Laza), o lugar onde eu nacín, tamén hai uns campos que levan o nome de A REGA, e por certo, todos eles regaban dunha fonte non moi abundante. ¿Habería tamen unha fonte no Carballiño para regar as fincas da zona da Rega?.

 

(01-11-2015)

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador