galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

AQULINO SÁNCHEZ


RÚA AQUILINO SÁNCHEZ.

Ten arredor de 270 metros de largo.
Vai dende a Rúa Carretera de Ribadavia ata onde empeza a Rúa de Alexandre Bóveda.
Ten un pequeno ramal que se chama Camiño Aquilino Sanchez.

¿Quén foi DON AQUILINO SÁNCHEZ?

Don Aquilino Sánchez Rodríguez era alcalde do Carballiño cando empezou a Guerra Civil.

Don Aqulino Sánchez Rodríguez naceu no Carballiño no ano 1874. E morreu en Vilariño Frío(Montederramo) o día 1 de novembro de 1936 (fai hoxe 79 anos)

Foi períto agrícola. Fixo moitas das partixas que ainda hoxe circulan polo Carballiño. Os seus planos e os seus moi detallados cuadernos particionais son de admirar. Tamén diseñou nas súas partixas moitas das rúas que hoxe hai no Carballiño, procurando sempre darlles anchura e amplitude. Estou convencido de que foi das persoas que colaborou para que O Carballiño fora unha Vila con rúas rectas, amplas e abertas... Claro que logo viñeron outros tempos que gurraron en sentido contrario... e todo empezou a medrar cara o ceo...

Don Aquilino foi tamén un home político. Director do periódico LA TORRE DE MASIDE no ano 1921. Durante a Segunda República militou en Izquierda Republicana. Foi concelleiro no Carballiño e foi elexido Alcalde o día 19 de abril de 1936 (en sustitución de Felisindo Alvarez Xesteira, que deixou a alcaldía para facerse cargo da presidencia da Deputación de Ourense).

Tralo comenzo da guerra civil o día 22 de xullo de 1936 foi detido e trasladado o 2 de agosto á prisión de Trives. Foi xulgado en Ourense acusado de adhesión á rebeli´pon, pero foi absolto. Pero a absolución non lle salvou a vida, pois foi asasinado o 1 de novembro de 1936 en Vilariño Frío, no concello de Montederramo... Frío, dende logo, é o que se sinte no corpo e na alma cando se recordan estas noticias...

Para o que queira saber máis recoméndolle esto:
No número 2 da Revista AGORA DO ORCELLON, no ano 2001, Julio Prada Rodríguez escribe sobre "Os motos daquel outono... Unha aproximación ó proceso e asasinato de Aquelino Sanchez"

Tamén se pode ler a VOZ DE GALICIA do día 27 de abril de 2007, que da esta noticia:
" Una placa recuerda al último alcalde republicano carballiñés
El homenaje al regidor asesinado se hizo en la plaza de la Constitución
Sus familiares agradecen el acto de reconocimiento a un hombre que dejó huella"
"Carballiño homenajeó ayer a su último alcalde republicano, Aquilino Sánchez Rodríguez, que murió de un tiro en la nuca el 1 de noviembre de 1936 junto a otros tres personajes señalados de la provincia de Ourense. El Concello organizó un sencillo y emotivo acto... "
"...Sus nietos Aquilino Pérez Sánchez y José Ignacio Fontaíñas Sánchez, se mostraron muy agradecidos por el recuerdo a un hombre que «dejó huella por su buen hacer» y dándole el mismo valor que le puede dar «cualquier demócrata convencido».
El reconocimiento a su figura y su memoria histórica fue acordado por toda la corporación municipal y ayer fue ensalzado por el regidor, que recordó a Aquilino Sánchez por su capacidad humana, profesional y política «tremenda» que hoy sigue siendo recordado en la Universidad por sus tratados de mediciones.
El homenaje consistió en el descubrimiento de una plaza con su imagen, que se descubrió tras la interpretación de una pieza de violín y con la lluvia que hizo en ese momento aparición"...

(1-11-2015)

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador